Río Tordera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Tordera
Desembocadura do río Tordera
PaísEspaña
NacementoMontseny
Altitudede 1100 m a 1500 msnm.
Lonxitude55 km
Conca894 km²
Caudal medio5,01 m³/s
DesembocaduraMar Mediterráneo

A Tordera é un río de Cataluña, España, que desemboca no mar Mediterráneo logo de 55 km de percorrido.

Curso[editar | editar a fonte]

O Tordera nace na Font Bona, no Coll de Sant Marçal, no Parque Natural do Montseny. Logo de atravesar as comarcas do Vallès Oriental e La Selva, entra na do Maresme, para desembocar no mar Mediterráneo, formando o delta do Tordera, que ocupa unha área de 8 km², entre as localidades de Blanes e Malgrat de Mar.

Conca[editar | editar a fonte]

A conca do Tordera, cos seus afluentes, esténdese por unha superficie total de 894 km². As correntes subterráneas son bastante máis importantes que as superficiais (no verán non leva auga na parte baixa superficial), e dela extraen auga moitas poboacións próximas á súa beira.

Afluentes[editar | editar a fonte]

De curto percorrido, cómpre destacar de entre eles:

Réxime hidrográfico[editar | editar a fonte]

Posúe un réxime torrencial, típico de países mediterráneos.

Historia[editar | editar a fonte]

Indubidabelmente o río era xa coñecido na época romana como o testemuñan algúns historiadores, tales Plinio o Vello, Estrabón e Claudio Tolomeo, aínda que o nome que lle apoñen non coincide; o máis coñecido puido ser o de río Tarno (Flumen Tarnum). Durante a época medieval se denomina Tordaria ou Torderia.

Espazos protexidos[editar | editar a fonte]

Dentro da conca aparecen os seguintes espazos protexidos:

Poboacións nas beiras[editar | editar a fonte]