Río Muga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muga
Río Muga.jpg
O Muga perto de Pont de Molins
País España
Rexión n/d
Nacemento Montnegre
Altitude n/d
Lonxitude 58 km
Caudal medio 3,34 m3/s
Conca 853,8 km2
Desembocadura Mar Mediterráneo

O Muga é un río pirenaico que fai o seu percorrido enteiro pola comunidade autónoma de Cataluña, e que rende as súas augas no Mar Mediterráneo despois de 58 km de curso.

Percurso[editar | editar a fonte]

O Muga é un río que corre basicamente de oeste a leste. Nace baixo o Pla de la Muga (1.186 m de altitude), ao sur da montaña de Montnegre (1.425 m), no límite entre as comarcas de Vallespir e do Alt Empordà. Desde Hostal de la Muga constitúe durante uns 5,5 km o límite fronteirizo francoespanyol.

Recibe principalmente as augas da zona axial dos Pireneos (Roc de Frausa, serra de Les Salines, serra de L'Albera), atravesa os profundos vales de sedimentos subpirenaicos, bastante tectonizados, e sae, por Pont de Molins, á ampla chaira do Alt Empordà.

Perto de Boadella, nunha garganta epixénica, é represado (encoro de Boadella).

Nos arredores de Peralada recibe o río Llobregat de Empordà, máis caudaloso que el mesmo, e despois de Vilanova de la Muga, o Manol.

Desemboca no golfo de Roses, entre os pantanos do Empordà e Empuriabrava, logo de 58 km de curso.

Os escombrados non destruíron o antigo estuario nin o peirao medieval, dito o grau de la Muga, ao norte da actual desembocadura da Mugueta, antigo brazo do río.

Réxime hidrográfico[editar | editar a fonte]

O seu caudal medio, medido pola (Axencia Catalana da Auga) é de 3,34 m3/s, basicamente de orixe pluvial.

Nome[editar | editar a fonte]

O seu nome remonta á raíz vasca muga, que significa "límite, fronteira", aínda actualmente vivo en vasco e falas dialectais hispánicas, e usual en topónimos espallados pola Península Ibérica[1]. Alude ao feito de que o río marca unha antiga fronteira, aínda práctica hoxe entre España e Francia.

Referencias literarias[editar | editar a fonte]

O poeta empordanés Carles Fages de Climent utilizou o pseudónimo Lo Gayter de la Muga para disfrazar os seus epigramas, a miúdo satíricos, sobre personalidades coñecidas da comarca.

Afluentes principais[editar | editar a fonte]

Poboacións que baña[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Corominas, Joan, Breve diccionario etimológico de la lengua española, s.v., muga