Venus (deusa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Nacemento de Vénus, por Bouguereau

Venus é a deusa do panteón romano, equivalente a Afrodita do panteón grego. É a deusa do Amor e da Beleza.

No mito do seu nacemento cóntase que surxiu de dentro dunha concha de madreperla, sendo xerada polas espumas (afros, en grego). Noutra versión é filla de Xúpiter e Dione.

Venus foi unhas das divindades máis veneradas entre os antigos, sobre todo na illa de Pafos, onde o seu templo era admirábel. Tiña un ollar vago e rendíase culto ao estrabismo dos seus ollos como ideal da beleza feminina. Posuía un carro puxado por cisnes. Venus posúe moitas formas de representación artística, desde a clásica (greco-romana) até as modernas, pasando pola renacentista.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Venus Modificar a ligazón no Wikidata