Novagalicia Banco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oficina de Novagalicia Banco en Ourense.

Novagalicia Banco é a marca comercial creada por NCG Banco S.A. o 19 de outubro de 2011 para operar financeiramente en Galicia, Asturias, León e o mercado internacional.[1]

Resultado da integración, ao longo de tres décadas, de máis dunha decena de institucións bancarias, Novagalicia Banco constitúe hoxe en día o o primeiro axente financeiro de Galicia cun 40% de cota de mercado e 680 oficinas operativas en todo o territorio español.[2]

Novagalicia Banco desenrola un modelo de negocio fundamentalmente minorista e multicanal, baseado na capilaridade e a alta densidade de sucursais.

Índice

Identidade corporativa [editar]

Novagalicia Banco nace o 19 de outubro de 2011 [3] baixo o lema publicitario “Un novo banco cos clientes de toda a vida”. A súa imaxe corporativa e logotipo constitúen una evolución gráfica da imaxe de Novacaixagalicia, entidade que dá orixe á matriz do grupo NCG Banco S.A..

Como primeiro axente financeiro de Galicia, Novagalicia Banco recolle no seu logotipo a paleta de cores azuis que lle vincula á identidade gráfica e cultural de Galicia e unha tipografía creada de forma específica. [4]

Rede de oficinas e banca a distancia [editar]

Novagalicia Banco dispón dunha rede de 680 oficinas operativas repartidas entre Galicia, Asturias e León.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]