Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «FROB»)
Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria
AcrónimoFROB
Tipoorganización e autoridade de resolución executiva
Data de fundación2009
Presidente/aJaime Ponce (en) Traducir (2020-2025) Editar o valor em Wikidata
Organización matrizMinisterio de Economía e Empresa
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
http://www.frob.es/es/Paginas/Home.aspx
editar datos en Wikidata ]

O Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria ou Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (coñecido popularmente polo acrónimo FROB) é un fondo creado en España con motivo da Crise económica do 2008. O fondo está dentro das medidas e plans de rescate e incentivación da economía -e, especialmente, do sector financeiro- postos en marcha polos distintos gobernos e autoridades monetarias. O FROB ten coma misión xestionar os procesos de reestruturación de entidades de crédito e contribuír a reforzar os seus recursos propios nos procesos de integración entre entidades. O FROB ten unha dotación de 9000 millóns de euros, do cal o 75 % provén integramente dos Orzamentos Xerais do Estado e do Fondo de Adquisición de Activos Financeiros, o restante 25 % (2250 millóns de euros), provén dos distintos fondos de garantía de depósitos de bancos, caixas de aforro e cooperativas de crédito.