José Luis Méndez Romeu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Méndez Romeu, nado na Coruña en 1951, é un político galego.
Traxectoria [editar]
Estudou pedagoxía. Foi concelleiro de Educación e Cultura do concello da Coruña dende 1987 ata 2003 e tenente de alcalde (2003-2004), foi tamén responsable de educación do grupo socialista no Parlamento de Galicia mentres foi deputado (1994-2004). Entre 2004 e 2005 foi secretario de estado de Cooperación Territorial no goberno español.
Conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata 2009. Militante do PSdeG.