Confederación de Empresarios de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Confederación de Empresarios de Galicia
Tipoorganización patronal
Data de fundación1981
Presidente/aJuan Manuel Vieites (2022-) Editar o valor em Wikidata
SedeSantiago de Compostela
EnderezoRúa do Vilar, 54 - 15705
PaísGalicia
Na rede
https://ceg.es/gl
Facebook: CEGgalicia Twitter: CEG_Galicia Instagram: ceggalicia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Confederación de Empresarios de Galicia, coñecida polo seu acrónimo CEG, é unha organización empresarial, a máis importante de Galicia. Creouse en 1981[1].

Estrutura[editar | editar a fonte]

A CEG non está formada por empresas a título individual, senón á súa vez por asociacións sectoriais de empresas. No seu conxunto, estas asociacións contan entre os seus membros con 100.000 empresas de Galicia. Ademais, está estruturada internamente nas catro confederacións provinciais: a Confederación de Empresarios da Coruña, a Confederación de Empresarios de Lugo, a Confederación Empresarial de Ourense, e a Confederación de Empresarios de Pontevedra.

Desde a súa creación é membro da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e da Confederación Empresarial da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME).

Como representación do empresariado galego, a CEG participa tamén noutros órganos colexiados, como o Consello Económico e Social de Galicia, o Consello Escolar de Galicia, os consellos sociais das tres universidades galegas, o Consello Galego de Relacións Laborais, o Consello Galego de Medio Ambiente, o Consello Galego de Saúde, o Consello Galego do Voluntariado, ou a Mesa Galega da Emigración.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada en 1981, logo do acordo das catro confederacións empresariais provinciais de Galicia, o seu primeiro presidente foi Álvaro Rodríguez Eiras. En 1982 este foi substituído por Emilio Pérez Nieto, que á súa vez foi substituído en 1984 por José Pablo Rodríguez-Martiñán, que foi presidente da Confederación ata 1990. Sucedeuno en 1991 o que daquela era exalcalde de Vigo Antonio Ramilo, que dimitiu en 2001 logo dun escándalo contable[2], substituíndo no cargo Antonio Fontenla. En 2013 accedeu ao cargo o daquela presidente dos empresarios pontevedreses José Manuel Fernández Alvariño, tras vencer o seu antecesor nas eleccións. En 2021, e logo duns anos remexidos onde se sucederon distintos presidentes en pouco tempo, escolleuse como presidente a Juan Manuel Vieites[3], empresario do sector conserveiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Que é a CEG". Confederación de Empresarios de Galicia. 
  2. Pablo López (22 de xaneiro de 2022). "Un desfalco y 22 años de investigación: a juicio el fraude en la patronal gallega en los años 90". El Confidencial. 
  3. Mario Beramendi (21 de xaneiro de 2021). "La CEG fía a Juan Manuel Vieites el reto de soldar la fractura y abrir otra etapa". La Voz de Galicia.