La Caixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Caixa, nome comercial da Caixa d'Estalvis i Pensions de Barcelona, é a caixa de aforros máis importante de Europa, a terceira entidade financeira de España e a primeira de Cataluña, cunha rede de máis de 5.500 oficinas, máis de 8.100 caixeiros automáticos, un persoal de máis de 27.000 empregados e máis de 10,7 millóns de clientes.

O Grupo La Caixa xestiona un volume total de negocio bancario que ascende a máis de 411.522 millóns de euros (setembro de 2008), cuns recursos totais de clientes de máis de 238.404 millóns de euros.

Sede de La Caixa na Avinguda Diagonal de Barcelona

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]