Grupo Banesco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grupo Banesco, tamén coñecido como Banesco Holdig, e un grupo bancario presidido polo banqueiro venezolano Juan Carlos Escotet —que, á súa vez, é o presidente da entidade bancaria venezolana Banesco— que ten a súa sede en Madrid, España.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo foi establecido no ano 2007 coa finalidade de operar baixo a protección do Banco de España e da Unión Europea no tratamento do réxime fiscal para as sociedades anónimas e a seguridade xurídica para os seus investimentos noutros países, á marxe das autoridades financeiras venezolanas. Está formado por diversas entidades en Panamá, República Dominicana, Estados Unidos, Colombia e Galicia.[1]

Nos últimos meses o banco presidido por Escotet procedeu a impulsar cambios na súa estrutura societaria en España, coa vista posta en crecer. Así, o grupo procedeu a constituír Banesco Holding Hispania, froito da integración doutras filiais, entre elas Banesco Holding Latinoamérica, Banesco Corporación Holding Hispania e Banesco Holding Financiero 2. Así mesmo, procedeu á fusión do seu holding en España con Banesco Dutch Holding BV, domiciliada en Holanda polas súas grandes vantaxes fiscais.[1]

En Galicia[editar | editar a fonte]

Compra do Banco Etcheverría[editar | editar a fonte]

O galego Banco Etcheverría, con sede en Betanzos, en 2002 vendeu o 37,12 % do seu capital a Caixa Galicia,[2] e, en abril de 2013, Banesco adquiriu o 44,73 % de Banco Etcheverría de NCG Banco, herdeiro dos activos financeiros de Caixa Galicia, así como parte da participación da familia Etcheverría. Desta maneira, o 69,74 % do capital social de Banco Etcheverría pasou a ser propiedade da entidad venezolana. Ademais, o presidente de Banesco, foi nomeado vicepresidente do consello de administración de Banco Etcheverría.[3]

A entrada do primeiro banco privado de Venezuela incluía a compra do 44,7 % que posuía Novagalicia. Posteriormente, coa saída de parte da familia fundadora, os Etcheverría, Juan Carlos Escotet facíase con máis de 70 % do centenario banco. Coa saída do Etcheverría, Novagalicia iniciaba un novo plan de desinvestimentos de acordo cos mandatos de Bruxelas e, á súa vez, a entidade con sede en Betanzos aceleraba o seu crecemento na comunidade autónoma coa apertura de 50 oficinas e a creación de ao redor de 200 postos de traballo. Tras a entrada de Banesco, Javier Etcheverría continúa como presidente e, o novo conselleiro delegado, Francisco Botas, home de confianza de Escotet, lidera o novo proxecto.[1]

Compra de Novagalicia Banco[editar | editar a fonte]

O 19 de novembro de 2013, o FROB, propietario de Novagalicia Banco despois da súa nacionalización, abriu o proceso de ofertas vinculantes para a poxa deste banco. Os bancos interesados foron Banco Santander, BBVA, La Caixa (CaixaBank) e Banesco, mentres que entre os fondos que apostaban pola entidade galega estaban Guggenheim, WL Ross, JC Flowers e Anchorage.[4][5] As ofertas vinculantes deberían remitirse antes do 16 de decembro e, unha vez recibidas e "sempre que unha non resulte substancialmente máis favorábel que o resto", se abriría unha segunda fase, na que se seleccionarían "as tres entidades que presentaran mellores ofertas". A estas tres se lles pediría entón que realizaran a "súa oferta definitiva".[6]

Finalmente, o 18 de decembro de 2013, o FROB anunciou a adxudicación da poxa por Novagalicia Banco, ante a sorpresa da maioría dos observadores, que apostaban por un banco español, especialmente La Caixa, a Banesco, que presentou a oferta como Banco Etcheverría/Grupo Banesco. A adxudicación foi por 1.003 millóns de euros, e sen solicitude de axudas públicas. Banco Etcheverría/Grupo Banesco asumiu o control da entidade galega co compromiso de manter a xestión, a sede e a obra social en Galicia, e o emprego, así como abordar a concesión de novos créditos a familias e pemes por un importe superior aos 9.000 millóns de euros.[7]

Filiais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Economía Digital". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  2. Caixa Galicia adquiere el 37% del Banco Etcheverría por 13,25 millones ABC, 21-12-2002.
  3. Banco Etcheverría ganó 641.000 euros en 2012, un 82,6 % menos Arquivado 06 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Lainformacion.com.
  4. El fondo de rescate abre el proceso de privatización de Novagalicia Arquivado 22 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. El País, 12-11-2013.
  5. Hoy arranca la subasta de NCG Arquivado 24 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Expansión, 18-11-2013.
  6. El FROB amplía el plazo para realizar ofertas vinculantes por NCG Banco Arquivado 24 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Expansión, 4-12-2013.
  7. Banco Etcheverría Grupo Banesco ganó subasta de NCG Arquivado 06 de marzo de 2014 en Wayback Machine. Banesco, 18-12-2013.
  8. "Grupo Banesco llega a Colombia para apoyar el segmento empresarial". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2014. Consultado o 02 de febreiro de 2014. 
  9. "Banesco USA abre sus puertas en Puerto Rico". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 02 de febreiro de 2014. 
  10. Exclusive: Bank Secrecy Act issues led to CEO ousting at Banesco USA, sources say

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]