Manuel Alegre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Alegre de Melo Duarte, nado en Águeda o 12 de maio de 1936, é un poeta e político portugués opositor ao réxime salazarista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estivo exiliado en Alxeria durante o período do Estado Novo. É un membro destacado do Partido Socialista portugués, do cal foi fundador e vicepresidente e polo cal é deputado na Asemblea da República. Concorreu en 2004 ás eleccións internas para Secretario Xeral do PS, tendo perdido contra José Sócrates.

Estudou Dereito na Universidade de Coimbra. Desde moi cedo demostrou os seu ideais políticos. Cumpriu o servizo militar na guerra colonial en Angola. Foi preso daquela a mans da policía política (PIDE) por se manifestar contra a guerra. En paralelo á carreira política, produciu unha vasta obra literaria que lle conferiu notoriedade tanto nos medios académicos como nos medios populares. Cómpre salientar a súa obra poética. Así, eecibiu numerosos premios literarios e o Premio Pessoa en 1999. En 2005 foi nomeado académico correspondente da Academia das Ciencias de Lisboa. Tamén recibiu o primeiro premio do Festival RTP da Canción, co seu poema Uma flor de verde pinho, musicada por José Niza e cantada por Carlos do Carmo.

En setembro de 2005 anunciou a súa candidatura ás eleccións para a Presidencia da República que tiveron lugar o 22 de xaneiro de 2006. Alegre obtivo o 20,72% dos votos, non acadando a vitoria mais conseguindo un resultado superior ao de Mário Soares, candidato oficial do Partido Socialista.

Após as eleccións, formou un movemento cívico, denominado Movemento de Intervención e Cidadanía.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • 1965 - Praça da Canção
  • 1967 - O Canto e as Armas
  • 1971 - Um Barco para Ítaca
  • 1976 - Coisa Amar (Coisas do Mar)
  • 1979 - Nova do Achamento
  • 1981 - Atlântico
  • 1983 - Babilónia
  • 1984 - Chegar Aqui
  • 1984 - Aicha Conticha
  • 1991 - A Rosa e o Compasso
  • 1992 - Com que Pena – Vinte Poemas para Camões
  • 1993 - Sonetos do Obscuro Quê
  • 1995 - Coimbra Nunca Vista
  • 1996 - As Naus de Verde Pinho
  • 1996 - Alentejo e Ninguém
  • 1997 - Che
  • 1998 - Pico
  • 1998 - Senhora das Tempestades
  • 2001 - Livro do Português Errante

Ficción[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

  • 1997 - Contra a Corrente (discursos e textos políticos)
  • 2002 - Arte de Marear (ensaios)

Candidatura á presidencia en 2006[editar | editar a fonte]

(ver Artigo principal

Candidato votos  %
Aníbal Cavaco Silva 2.746.689
Manuel Alegre 1.125.077
Mário Soares 778.781
Jerónimo de Sousa 466.507
Francisco Louçã 288.261
Garcia Pereira 23.622
Abstención 3.303.972

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]