Amílcar Cabral
Amílcar Lopes Cabral (Bafatá, 1924 — Conacri, 1973) foi un político e escritor, líder da independencia de Cabo Verde e Guinea-Bisau.
Naceu en Guinea-Bisau de pais caboverdianos, aos oito anos marchou coa súa familia a Mindelo (Cabo Verde), en 1944 marchou a Praia e en 1945 grazas a unha bolsa de estudo estudou agronomía en Lisboa. En 1952 estableceuse en Guinea-Bisau para traballar para o servizo agrícola, polas súas actividades contrarias ao colonialismo portugués ten que emigran a Angola. En 1956[1] foi un dos fundadores do PAIGC (Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde), do que é elixido o seu primeiro secretario xeral e radícase en Conacri onde o partido ten a súa sede central, e dende onde dirixe a loita armada contra as forzas portuguesas no sur de Guinea-Bisau. Morreu asasinado por membros do seu propio partido.
Obra[editar]
- Rosa negra, 1949
- Regresso, 1949
- Ilha, 1974
Notas[editar]
- ↑ William Minter Portuguese Africa and the West. 1974, páxina 62