José Niza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Manuel Niza Antunes Mendes, máis coñecido por José Niza foi un médico, compositor e político portugués (Lisboa, o 16 de setembro de 1938 - 23 de setembro de 2011).

No ano 1956 foi para Coimbra estudar medicina. Nesa cidade funda, en 1961, a Orquestra Lixeira do Orfeón Académico, conxuntamente con José Cid, Proença de Carvalho, Joaquim Caixeiro e Rui Ressureição.

No 1971 pasa a ser responsábel de produción da editora Arnaldo Trindade, Lda. (Discos Orfeu).

José Niza gañou catro Festivais RTP da Canción. É o autor da letra da canción E Depois do Adeus.

Deputado em moitas lexislaturas colaborou en diversas iniciativas e diplomas lexislativos: Código dos Dereitos de Autor e Dereitos Conexos, Lei de Protección da Música Portuguesa, Redución do Imposto sobre Importación de Instrumentos musicais, etc.

José Niza morreu á idade de 79 anos en Lisboa.