Adriano Correia de Oliveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adriano Maria Correia Gomes de Oliveira, coñecido popular e artísticamente como Adriano Correia de Oliveira ou simplemente Adriano (Avintes, 9 de abril de 1942Avintes, 16 de outubro de 1982), foi un músico portugués e un dos máis importantes intérpretes do fado de Coimbra. Fixo parte da xeración de compositores e cantores de cariz político, que foron usadas para loitar contra o Estado Novo e que se coñeceu como música de intervención.

Historia[editar | editar a fonte]

Adriano Maria Correia Gomes de Oliveira naceu en Avintes, o 9 de Abril de 1942, no seo dunha familia tradicionalista católica. Estudou os cursos de formación media no Porto. En Avintes iniciouse no teatro amateur e foi cofundador da Unión Académica de Avintes. No 1959 marchou a Coimbra, onde estudou Dereito, formando parte da Real Repúbica Ras-Teparta. Foi solista no Orfeón Académico de Coimbra e formou parte do Grupo Universitario de Danzas e Cantares e do Círculo de Iniciación Teatral da Académica de Coimbra. Tocou a guitarra no Conxunto Lixeiro da Tuna Académica. No ano seguinte editou o primeiro EP acompañado por António Portugal e Rui Pato. No 1963 saiu o primeiro disco de vinilo "Fados de Coimbra" que contiña Trova do vento que passa, unha balada fundamental da súa carreira, baseada nun poema de Manuel Alegre, debido ás súas referencias á resistencia contra o réxime salazarista, converteuse no himno do movemento estudantil.

Alén diso, Adriano Correia de Oliveira convértense en militante do Partido Comunista Portugués no inicio da década dos 60. No ano 1962, participou nas folgas académicas e concorreu ás eleccións da Associación Académica, através da lista do Movemento de Unidade Democrática (MUD).

No 1967 gravou o vinilo "Adriano Correia de Oliveira" que entre outras cancións inclúe Canção com lágrimas.

Cando lle faltaba unha materia para terminar a carreira de Dereito, Adriano trocou Coimbra por Lisboa, traballou no Gabinete de Prensa da Feira Industrial de Lisboa (FIL) e foi produtor da Editora Orfeu. No 1969 editou "O Canto e as Armas" un disco que baseaba todas as cancións na poesia de Manuel Alegre. Nese mesmo ano gañou o Premio Pozal Domingues. No ano seguinte sae o disco de vinilo "Cantaremos" e en 1971 "Gente d'Aqui e de Agora", que marca o primeiro arranxo, como director, de José Calvário, que nesa altura tiña vinte anos. José Niza foi o principal compositor neste disco que precedeu un silencio de catro anos, pola negativa de Adriano de enviar os textos a censura.

No 1975 lanzou "Que Nunca Mais", com dirección musical de Fausto e textos de Manuel da Fonseca. Este vinilo levou a revista inglesa Music Week a elixilo como "Artista do Ano".

Fundou a Cooperativa Cantabril e publicou o seu último álbum, "Cantigas Portuguesas", em 1980. No ano seguinte, nun momento no que a súa saúde xa se atopaba degradada rompeu com a dirección da Cantabril e ingresou na Cooperativa Era Nova. En 1982, con corenta anos, o sábado, dia 16 de outubro, morreu em Avintes, nos brazos da súa nai, a consecunecia dunha hemorraxia esofáxica.

Álbums[editar | editar a fonte]

  • 1969 – O canto e as armas
    • E de súbito um sino
    • Raiz
    • E a carne se fez verbo
    • E o bosque se fez barco
    • Peregrinação
    • A batalha de Alcácer-Quibir
    • Regresso
    • Canção da fronteira
    • Por aquele caminho
    • Canto da nossa tristeza
    • Trova do vento que passa n.º 2
    • As mãos
    • Post-scriptum
  • 1970 – Cantaremos
    • Cantar de emigração
    • Saudade pedra e espada
    • Fala do homem nascido
    • O Sol p'rguntou à Lua
    • Canção para o meu amor não se perder no mercado da concorrência
    • Lágrima de preta
    • Canção com lágrimas
    • Cantar para um pastor
    • Como hei-de amar serenamente
    • Sapateia
    • A noite dos poetas
  • 1971 – Gente de aqui e de agora
    • Emigração
    • E alegre se fez triste
    • O senhor morgado
    • Cana verde
    • A vila de Alvito
    • Canção tão simples
    • Cantiga de amigo
    • Para Rosalia
    • Roseira brava
    • História do quadrilheiro Manuel Domingos Louzeiro
  • 1975 – Que nunca mais
    • Tejo que levas as águas
    • O senhor gerente
    • As balas
    • No vale escuro
    • Tu e eu meu amor
    • Recado a Helena
    • Dona Abastança
    • Cantiga de Montemaior
    • P'ra a frente