Carlos do Carmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos do Carmo.

Carlos Alberto do Carmo Almeida, nado en Lisboa o 21 de decembro de 1939, coñecido artisticamente como Carlos do Carmo é un cantante portugués que acadou dimensión internacional a través do fado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo da coñecida fadista Lucília do Carmo e de Alfredo de Almeida, libreiro e hostaleiro. De mozo, Carlos estuda hostalería en Suíza, iniciando a súa carreira artística en 1964, aínda que xa gravara un disco cando tiña 9 anos.

Representou a Portugal no XXI Festival da Canción de Eurovisión 1976, co tema Flor de verde pinho (baseado nun poema de Manuel Alegre). No Festival RTP da canción daquel ano foi o único intérprete, entre as últimas cancións presentadas estaban temas como -Estrela da tarde-.

De entre moitas outras, as súas cancións máis coñecidas son: Os putos, Um homem na cidade, Canoas do Tezo, Lisboa menina e moça, Duas bágoas de orvalho e Bairro Alto.

Cantou en portugués o tema El drapaire de Joan Manuel Serrat, (O ferro velho en adaptación do poeta Alexandre O'Neill), tema incluído no seu disco Canoas do Tezo (LP Movieplay en 1972-CD en 1997) e en O melhor dos melhores (Tecla, 1992).

O seu nome figura entre os pioneiros da nova discografía portuguesa, xa que o seu disco Un homem no país foi o primeiro CD editado por un artista en Portugal.

José María Nóbrega acompáñao na guitarra dende fai 36 anos. Foi homenaxeado en 2003 con motivo dos seus 40 anos de carreira musical.

Recentemente participou na película Fados de Carlos Saura xunto a outros grandes artistas lusos e brasileiros, como Mariza, Camané ou Caetano Veloso. Esta longametraxe é estreado na gran pantalla o 23 de Novembro, logo de ser proxectado en diversos festivais de cine. Paralelamente á estrea da película realízanse concertos de presentación da película en Madrid, Valladolid e Santiago de Compostela, nos que interveñen Camané, Mariza, Miguel Poveda e o propio Carlos do Carmo.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi embaixador da música e a cultura portuguesa a través das súas innumerables actuacións por varios países, pasando polo Teatro Olympia de París, polas Óperas de Frankfurt e Wiesbaden, pola casa de espectáculos Cancão de Río de Xaneiro, o Savoy de Helsinqui e por outras moitas cidades, como San Petersburgo, Copenhaguen, São Paulo, entre outras. A nivel nacional destacan os concertos na Fundación Gulbekian, no Mosteiro dos Jerónimos, no Casino de Estoril ou no Centro Cultural de Belém.

É cidadán honorario da cidade de Río de Xaneiro e membro da Honra do Claustro Ibero-Americano das Artes. Así mesmo, foille concedido un diploma polo Senado de Rhode Island (Estados Unidos) pola súa contribución á divulgación da música portuguesa, o Globo de Ouro de Mérito e da Excelencia, o Premio da consagración da súa carreira da Sociedade Portuguesa de Autores. É ademais membro da Orde do Infante Don Enrique.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • O fado de Carlos do Carmo, Alvorada
  • O fado em duas gerações, Decca [con su madre, Lucília do Carmo]
  • Por morrer uma andorinha, Philips
  • Fado Lisboa – An evening at the “Faia”, Philips
  • Carlos do Carmo, Tecla
  • Pedra filosofal, Edisom
  • Uma canção para a Europa, Movieplay / PROCOPE RTP
  • Um homem na cidade, Polygram
  • Carlos do Carmo com guitarras, Tecla
  • Dez fados vividos, Trova
  • O maior intérprete da música português, Philips
  • Carlos do Carmo ao vivo no Olympia, Polygram / Carlos do Carmo Live At The Olympia, Polygram /Carlos do Carmo En Publica A L’Olympia, Polygram
  • Os imigrantes (BSO), Polygram
  • Carlos do Carmo, Polskie Nagrania
  • A arte e a música de Carlos do Carmo, Polygram
  • Um homem no país, Polygram
  • Carlos do Carmo Live Alt Oper Frankfurt, Polygram
  • Mais do que amor é amar, Polygram
  • A touch of class, Henda
  • Ao vivo no Canecão
  • Que se fez homem de cantar, Polygram
  • Canoas do Tejo, Movieplay
  • Lisboa menina e moça, Movieplay
  • Um Homem na Cidade, Fatum - UPAV
  • Dez fados vividos, Polygram
  • Um homem no país, Polygram
  • Ao vivo no Olympia, Polygram
  • Live, Alte Oper Frankfurt, Polygram
  • Em concerto, Polygram
  • Mais do que amor é amar, Polygram
  • Que se fez homem de cantar, Polygram
  • Margens, Emi
  • Nove fados e uma canção de amor, Universal
  • Ao vivo no CCB, Universal
  • À noite - presentado el dia 7 de Noviembre de 2007 en el Museo del Fado de Lisboa.

Singles

  • A Voz Que Eu Tenho (EP): O nosso amor e livre(Bom dia, meu amor)/Cidade Cinzenta/Sou da Noite/Tenho a pátria num rosto de criança.

Recopilacións

  • A arte e a música de Carlos do Carmo, Polygram
  • Os sucessos de 35 anos de Carreira, Emi
  • O melhor de Carlos do Carmo, Selecções do Reader’s Digest
  • Un parfum de fado, Vol. 1 Carlos do Carmo, Playa Sound
  • Un parfum de fado, Vol. 6 Carlos do Carmo, Playa Sound
  • Voz marinheira, Carlos do Carmo, EMI

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]