João de Melo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoão de Melo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

João Manuel de Melo Pacheco (Achadinha, Nordeste, Illa de San Miguel - Azores, 1949) é un escritor portugués.[1]

Naceu na illa de San Miguel, Azores, en 1949, onde completou a instrución primaria, tras o que proseguiu os seus estudos no continente. En 1967 pasou a residir e a traballar en Lisboa. Despois de participar na guerra colonial en Angola entre 1971 e 1974 (tema de dúas das súas obras máis significativas, a antoloxía "Os Anos da Guerra" e a novela "Autopsia de um Mar de Ruínas"), traballou na vida sindical, foi editor de autores portugueses e crítico literario. Estudou na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, pola cal se licenciou en 1981 en Filoloxía Románica[2]. Profesor dos ensinos secundario e superior durante varios anos, foi convidado polo goberno portugués para o cargo de conselleiro cultural na embaixada de Portugal en España (que desempeñou durante 9 anos, entre 2001 e 2010).

En 2003, en Madrid, creou a “Mostra Portuguesa”, o maior evento cultural portugués fóra de fronteiras (realizou 7 edicións anuais dese festival, entre 2003 e 2009). Ten traducidos para o español os seguintes libros da súa autoría: “Gente feliz con lágrimas”, “Antología del cuento portugués” (Alfaguara), "Cronica del principio y del agua y otros relatos", "Mi mundo no es de este reino", "Mar de Madrid" e "Autopsia de un mar de ruinas" (Linteo Ediciones).[3]

Autor de obras de ficción, ensaios, antoloxías, poesía, libros de crónicas e de viaxe, os seus libros foron traducidos en España, Italia, Francia, Países Baixos, Romanía, Bulgaria, Estados Unidos de América, Hungría, Alemaña, Reino Unido, Serbia, México e Colombia.[4]

"Gente Feliz com Lágrimas", a súa novela máis coñecida (cinco premios literarios, traducións en dez países, 27.ª edición portuguesa en febreiro de 2017),[5] foi adaptada ao teatro polo grupo O Bando, a telefilme e a serie de televisión[6] polo realizador azoriano José Medeiros.

  • Ficción
  • 1975 - Histórias da Resistência (contos)
  • 1977 - A Memória de Ver Matar e Morrer (novela)
  • 1983 - O Meu Mundo Não é Deste Reino (novela)
  • 1984 - Autópsia de um Mar de Ruínas (novela)
  • 1987 - Entre Pássaro e Anjo (contos)
  • 1988 - Gente Feliz com Lágrimas (novela)
  • 1991 - As Manhãs Rosadas (conto), ilustrado por David de Almeida
  • 1992 - Bem-Aventuranças (contos)
  • 1996 - O Homem Suspenso (novela)
  • 2003 - As Coisas da Alma (contos)
  • 2006 - O Mar de Madrid (novela)
  • 2007 - O Vinho (conto), ilustrado por Paula Rego
  • 2009 - A Divina Miséria (novela)
  • 2009 - Luxúria Branca e Gabriela (conto), ilustrado por Francisco Simões
  • 2014 - Lugar Caído no Crepúsculo (novela)
  • 2015 - O Meu Mundo Não É Deste Reino, (novela), 8ª. ed, revisada e reescrita
  • 2016 - Os Navios da Noite (contos)
  • 2017 - Autópsia de Um Mar de Ruínas, (novela), 9ª. ed., revisada e reescrita
  • 2018 - As Coisas da Alma e Outras Histórias em Conto (3ª. ed. revisada e ampliada)
  • 2020 - Livro de Vozes e Sombras. Dom Quixote. Novela.
  • Poesía
    • 1980 - Navegação da Terra
  • Ensaio
    • 1968 - A Produción Literária Açoriana nos Últimos 10 Anos
    • 1982 - Toda e Qualquer Escrita
    • 1982 - Há ou Não Uma Literatura Açoriana?
    • 2003 - Literatura e Identidade / Identidad y Literatura (edición bilingüe)
  • Viaxes
    • 2000 - Açores, o Segredo das Ilhas (edición ilustrada)
    • 2016 - Açores. o Segredo das Ilhas (edición textual, revisada)
  • Crónicas
    • 1994 - Dicionário de Paixões
  • Antoloxías
    • 1978 - Antología Panorâmica do Conto Açoriano
    • 1988 - Os Anos da Guerra - Os Portugueses em África (en 2 volumes.)
    • 2002 - Antologia do Conto Português (de Alexandre Herculano aos nosos días)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Dinis da Luz (coa novela "O meu Mundo non é deste Reino")
  • Premio Asociación Cultural A BALADA (con contos "Entre Pássaro e Anjo")
  • Gran Premio da Novela e Novela da A.P.E (coa novela "Gente Feliz com Lágrimas")
  • Premio Eça de Queirós da Cidade de Lisboa (coa novela "Gente Feliz com Lágrimas")
  • Premio Cristovo Colón das Cidades Capitais Ibero-Americanas, Lima, Perú (coa novela "Gente Feliz com Lágrimas")
  • Premio Fernando Namora (coa novela "Gente Feliz com Lágrimas")
  • Premio Libro do Ano - Antena 1 (coa novela "Gente Feliz com Lágrimas")
  • Premio Vergílio Ferreira (2016), polo conxunto da súa obra[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fidelizarte. "João de Melo". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-02-09. 
  2. "João de Melo – Cultura Portugal" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-02-09. 
  3. "João de Melo". La Umbría y la Solana (en castelán). Consultado o 2020-02-09. 
  4. "Ediciones LINTEO". www.edicioneslinteo.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2022. Consultado o 2020-02-09. 
  5. ":: Câmara Portuguesa ::". www.camaraportuguesa.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-02-09. 
  6. "Gente Feliz com Lágrimas". Consultado o 2020-02-09. 
  7. Lusa. "João de Melo conquista Prémio Literário Vergílio Ferreira". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-02-09.