Manu Chao
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José Manuel Tomás Arturo Chao, máis coñecido como Manu Chao (ás veces aparece como Oscar Tramor), (París; 21 de xuño de 1961), músico, compositor e cantante de ascendencia galega.
Índice |
[editar] Biografía
Manu Chao é fillo do xornalista Ramón Chao, galego de Vilalba e de nai vasca de Bilbao. Os seus pais emigraron a Francia durante a ditadura de Francisco Franco. Manu e os seus irmáns creceron en Sèvres, ó oeste de París.
Ós 14 anos tivo o seu primeiro grupo, chamado Joint de Culasse, co seu irmán Tonio do Borneo, e o seu curmán Santi Cassariego. Máis tarde chegaron os Hot Pants e Os Carallos, cos que se aproximaba xa moito á música festiva e a pachanga. Estes grupos chegaron a ser moi coñecidos en París dentro da música alternativa.
En 1987 Manu, o seu irmán e o seu curmán fundaron o grupo Mano Negra, que triunfou primeiro en Francia co single "Mala vida" e despois tiveron xiras por Sudamérica. Tras unha longa tempada no grupo (de 1987 a 1994), comeza a súa carreira en solitario.
Chao canta en francés, español, catalán, árabe, portugués, inglés, galego e wolof, cambiando de idioma a miúdo na mesma canción. Aínda que é un dos artistas máis vendedores do mundo, é pouco coñecido nos países de fala inglesa.
A súa música ten moitas influencias: rock, chanson francesa, salsa, reggae, ska e raï alxerino. Recibiu estas influencias de inmigrantes en Francia, das súas relacións ibéricas, dos seus percorridos en América con Mano Negra e vagando tras a disolución do grupo. Moitas das cancións de Chao son sobre o amor, a vida nos ghettos e a inmigración, e levan a miúdo unha mensaxe de esquerda e libertario.Fórum Cultural Mundial, 2004
Estivo comprometido desde hai tempo co nacionalismo vasco, talvez debido ás súas orixes. Foi especialmente na época de Mano Negra cando participou en varias xiras musicais xunto ó conxunto vasco Negu Gorriak. Despois foron varias as colaboracións que realizou en diversas cancións xunto a Fermín Muguruza facendo xunto a el a xira Jai Alai Katumbi Express por Europa.
Por outra banda, solidarizouse coa causa zapatista e o EZLN e incluíu fragmentos dos discursos do Subcomandante Marcos nas súas cancións. Tamén se solidarizou coa causa dos okupas de Barcelona.
O seu estilo persoal influenciou a grupos como Amparanoia e outros moitos.
En 2004 publica un disco-libro (Sibérie m'était contéee), en francés, con ilustracións do debuxante polaco Wozniak.
Espérase que en Setembro de 2007, saque á venda o seu novo CD (A Radiolina), cuxos temas presentou ese verán cunha xira de concertos que incluíu un na cidade de Vigo.
O seu equipo favorito é o "ATLAS" de Guadalaxara, Jalisco, México. É por iso que sempre trae cousas roxinegras na súa vestimenta, xa que eses son as cores do equipo.
[editar] Discografía
- 1998 - Clandestino
- 2001 - Próxima Estación: Esperanza
- 2002 - Radio Bemba Sound System
- 2004 - Sibérie m'était contéee
- 2007 - La Radiolina (3 de septiembre )
[editar] Xiras
- 2000 - Giramundo Américas
- 2006 - Tómbola
- 2006 - Tour Radio Bemba (Sudamérica e Centroamérica)
- 2007 - Tómbola Norte America (Canada, os E.E.U.U. e Baixa California)
[editar] Libros
- Chao, Manu. "Sibérie m'était contéee", 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Chao, Ramón. Mano Negra en Colombia. Un tren de hielo y fuego, 2001 (título orixinal: Un train de glace et de feu). Unha crónica da xira de Mano Negra en tren por Colombia, escrita polo pai de Manu e Tonio.
- Robecchi, Alessandro (2001), Manu Chao. Música e liberdade, Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-725-9. (orixinal en italiano do ano 2000)

