Mercedes Peón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercedes Peón
MercedsPeon20110926A.jpg
Concerto no Warszawa Cross Culture Festival 2011
Información
Orixe , Galiza Flag of Galicia.svg
Período {{{período}}}
Xénero(s) Folk
Selo(s) discográfico(s) Discmedi
Membros {{{membros}}}
Antigos membros {{{antigos_membros}}}
Web oficial www.mercedespeon.es


Mercedes Peón, nada en 1967, é unha cantante e instrumentista galega.

Índice

[editar] Traxectoria

Fíxose moi popular como presentadora do programa de entretemento Luar (TVG) no que traballou mostrando as súas investigacións de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais.

[editar] Primeiras gravacións

As súas primeiras gravacións foron colaboración con outros artistas galegos como Xosé Manuel Budiño, Os Diplomáticos de Monte-Alto ou co antigo grupo de Manu Chao, Mano Negra.

Nesta altura formou o grupo Ajrú, co que unicamente gravaría uns temas recollidos no compilatorio Naciones Celtas II. Probablemente o seu tema máis popular sexa o tema principal da serie Mareas vivas (TVG).

Mercedes Peón participou en dúas edicións do Festival de Ortigueira, nos anos 2002 e 2007.

[editar] Discografía

* Isué (2000)
* Ajrú (2003)
* Sihá (2007)
* Sós (2010)

[editar] Recoñecementos

É unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI. Ten recibido recoñecementos a nivel internacional no ámbito da música de folk, como son o premio a mellor disco da revista Folkworld (2000) polo disco Isué. Foi finalista na categoría de mellor artista do ano (2000) nos premios da radio BBC3.

Foi Premio Nacional de Música en 2008.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas