Georges Brassens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Georges Brassens
Brassens TNP 1966.jpg
Georges Brassens en concerto no TNP, París, 1966.
Información
Orixe Sète, Francia, o 22 de outubro de 1921, Francia Francia
Período 1940 - 1981
Xénero(s) Chanson, cantautor
Selo(s) discográfico(s) Universal Music
Membros {{{membros}}}
Antigos membros {{{antigos_membros}}}
Web oficial {{{web}}}

Georges Brassens, nado en Sète o 22 de outubro de 1921 e finado en Saint-Gély-du-Fesc, preto de Montpellier, o 29 de outubro de 1981, foi un poeta e cantautor francés.

Índice

Traxectoria [editar]

Acadou a fama mercede ás melodías das súas cancións, sinxelas e elegantes, e ás súas letras, variadas e elaboradas. Está considerado un dos mellores poetas franceses da posguerra, así foi que conta co premio nacional de poesía, que recibiu en 1967. Puxo música a poemas de moitos outros escritores, como Louis Aragon, Victor Hugo ou Jean Richepin. Entre os anos 1952 e 1976 gravou 14 álbums.

Non acostumaba actuar fóra do seu país. Porén, foi versionado en castelán por Paco Ibáñez, que cantou varias das súas cancións, traducidas por Pierre Pascal. Unha das máis coñecidas desta serie foi La mala reputación (La mauvaise réputation), que tamén versionou o cantante de rock Loquillo[Cómpre referencia].

Tamén foi traducido ó castelán por Agustín García Calvo, Javier Krahe, Joaquín Carbonell e polo cantautor chileno Eduardo Peralta, que ten un disco completo dedicado a Brassens.

En catalán foi versioneado nos 60 por Josep Maria Espinàs, e posteriormente polo cantautor Miquel Pujadó.

Filmografía [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]