Negu Gorriak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Negu Gorriak
Negu Gorriak 1.jpg
Negu Gorriak durante un concerto en Bilbao o 9 de novembro de 1991
Orixe Guipúscoa, País Vasco País Vasco
Período 1990 - 2001
Xénero(s) Varios
Selo(s) discográfico(s) Ohikua, Ezan Ozenki, Metak
Membros Fermin e Iñigo Muguruza, Kaki Arkarazo, Mikel Kazalis e Mikel Abrego
Antigos membros Non
Na rede
Non ten. Páxina web non oficial

Negu Gorriak (en éuscaro significa Invernos Ruíns[1]) foi un grupo de música crossover fundado en Guipúscoa en 1990. A súa influencia ten sido moi grande no desenvolvememento do rock tanto no País Vasco como no resto do estado. Foron cualificados como unha das bandas de rock «máis importantes dos noventa».[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo estaba formado polos irmáns Fermin e Iñigo Muguruza (ex-membros do grupo Kortatu) xunto a Kaki Arkarazo (membro de M-ak e tamén ex-membro de Kortatu). En 1990 uniuse Mikel «Anestesia» (guitarrista de Anestesia) e en 1991 fixo o mesmo Mikel «BAP!!» (batería do grupo BAP!!), manténdose esta formación até a disolución da banda en 1996.

Musicalmente, compuñan unha música denominada de fusión que apoiaba principalmente sobre tres piares estilísticos: o do rock, o do rap e mais o do reggae, amais de contar coa influencia da propia música tradicional vasca.[3]

Compromiso político[editar | editar a fonte]

O seu compromiso político co país foi en termos absolutos, comezando pola elección do éuscaro e seguindo tanto no xeito de traballar como na temática das cancións. Por outra banda, no ámbito económico optaron pola autoxestión para o cal fundaron o selo discográfico Esan Ozenki. Así, por exemplo, o baixista e mais o batería da banda foron insubmisos[Cómpre referencia], realizaron unha xira polo Salvador de apoio ao FMLN, festivais en favor dos indíxenas de Chiapas[4], ou mesmo dicir que o seu primeiro concerto tivo lugar fronte ao cárcere de Herrera de la Mancha.

A polémico co Estado Español foi constante e así foi que a finais da década dos 90 foron denunciados polo xeneral da Garda Civil Enrique Rodríguez Galindo, quen solicitaba unha indemnización de 15 millóns de pesetas por intromisión ilexítima no seu dereito á honra na súa canción Ustelkeria (Podredume), na que utilizan un diálogo adicado a Galindo para denunciar a corrupción policial e tráfico de drogas.

Nun principio o Tribunal de Primeira Instancia de Donostia desestimou a demanda de Galindo en 1994, ao estimar que a canción era unha reprodución case literal dun artigo do xornal Egunkaria. Porén un ano despois a Sección Primeira da Audiencia Provincial de Guipúzcoa fallou a favor de Galindo, sentencia que o grupo recurriu pero que de efectivizarse supuña ademais do pago da indemnización a censura da canción. Finalmente unha década despois do estreno da canción en 1991, a Sala do Civil do Tribunal Supremo sentenciou a favor do grupo vasco[5].

Co gallo da súa absolución, celebraron tres concertos de despedida (malia que de xeito oficial a disolución da banda aconteceu en 1996, a disolución efectiva non foi até 2001) aos que acudiron en total máis de 30.000 persoas.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Publicaron un total de seis discos de estudio, un directo e un recompilatorio con material que o grupo tiña espallado entre singles, colaboracións con outros músicos e grupos (Mano Negra, Inadaptats, BAP!!...) e achegas a diferentes recompilatorios.

O seu terceiro álbum, o dobre LP Borreroak Baditu Milaka Aurpegi (1993) é considerado pola crítica a súa obra mestra, e foi cualificado como «a bomba [...] un dos mellores CD's editados, en calquera lingua e en calquera lugar, nos 90».[7]

Historia[editar | editar a fonte]

Os comezos: 1989-1990[editar | editar a fonte]

Despois de disolver Kortatu, os irmáns Fermin e Iñigo Muguruza acordaron con Kaki Arkarazo (quen xa traballara con eles producindo Kolpez Kolpe e exercendo de segundo guitarrista de Kortatu na derradeira xira do grupo) facer algo xuntos nun futuro, pero sen concretar nada.[8] En 1989, os tres puxéronse a traballar no baixo da casa de Kaki, onde este tiña un pequeno estudo de gravación. Fermin ocupábase dos textos, mentres que Iñigo e Kaki (sobre todo este último) ocupábanse de musicalos e de gravar os diferentes samplers que empregaron, explorando a fusión do rock con novos sons. Entre eles, están o rap (os tres son grandes fans de Public Enemy[9]) e a música negra en xeral como soul e funk (da que Kaki é un grande afeccionado), ademais de hardcore, ritmos latinos, etc.

A finais de 1989, Xabier Montoia (cantante de M-ak) falou con Fermin para encargarlle unha canción para un disco tributo a Mikel Laboa que estaba a coordinar. O disco ía contar con grupos veteranos e novos. Fermin aceptou e, xunto a Kaki e Iñigo, comezaron a preparar diferentes temas baixo un segredo absoluto. Máis tarde, Fermin admitiría que a escusa de estar a traballar para o disco homenaxe permitiulle agochar o nacemento de Negu Gorriak.[8] O disco foi, logo, a escusa perfecta para que os tres puidesen ensaiar sen que comezaran a propagarse rumores.

Así, o grupo presentouse en Txerokee, Mikel Laboaren Kantak (1990). Elixiron facer unha versión de «Gaberako aterbea»[10] («Refuxio Nocturno»), unha canción baseada á súa vez no poema «Die natchlager» de Bertolt Brecht, que apareceu no LP de Laboa 12 (1989). Dalgúns versos do poema obtiveron o nome do grupo, Negu Gorriak:

Kontatu didaten Nueva York-en
Broadway eta 26 karrikaren kantoian,
negu gorrian, gizon batek gauero [...]
Contáronme que en Nova Iorque
na esquina da rúa 26 con Broadway
no cru inverno, hai un home tódalas noites que [...]

Fermin presentou oficialmente ao grupo na columna na que escribía entón no xornal Argia.[11] A formación era entón a de Fermin á voz e Kaki e Iñigo ás guitarras.

En xuño de 1990 apareceu o seu primeiro disco: Negu Gorriak (Oihuka), onde supliron a falta de base rítmica cunha caixa de ritmos. O grupo decidiu non saír de xira polo momento. O seu primeiro grande concerto reservárono para a marcha que fan tódolos anos familiares de presos de Euskadi Ta Askatasuna ao cárcere de Herrera de la Mancha, organizada por Gestoras Pro Amnistía. Para este concerto uníuselles como baixista Mikel «Anestesia», guitarrista do grupo Anestesia. Á marcha acudiron unhas 13.000 persoas.[12] Despois dos mitins políticos tocoulle a súa quenda a Negu Gorriak, quen interpretaron as cancións do seu primeiro álbum ademais de «Oker dabiltza», en homenaxe a Josu Muguruza e unha versión da panxoliña popular «Hator, hator», cancións que apareceran nun single editado con Basati Diskak. O concerto apareceu en vídeo en 1991: Herrera de la Mancha. 90-12-29. O vídeo foi coeditado por Esan Ozenki e as propias Xestoras. Os beneficios da súa venda foron destinados a estas.[13]

A consagración: 1991-1993[editar | editar a fonte]

Concerto de Negu Gorriak en Pamplona durante o Tour 91+1.

En 1991 houbo dous acontecementos en torno á banda fundamentais para o seu futuro. O primeiro foi a consolidación dunha formación estable coa incorporación de Mikel «BAP!!» á batería, co que o trío inicial configurouse definitivamente como quinteto. O segundo foi a fundación da súa propia compañía discográfica: Esan Ozenki Records («Bérrao Alto»). Ademais de editar os seus propios discos, decidiron facelo propio con outros grupos vascos que cantaran en éuscaro. Posteriormente crearían o sub-selo Gora Herriak («Vivan os Pobos») co que editarían a bandas que cantaban noutras linguas.

A nova da creación de Esan Ozenki foi paralela ó anuncio da publicación do seu novo disco Gure Jarrera («A Nosa Posición»), que foi unanimemente gabado pola crítica musical. Dende Radio 3 (premiounos como «banda en directo do ano»[14]), El País («unha das bandas máis innovadoras de Euskadi»[15]), El Independiente («O primeiro disco de Negu Gorriak era tremendo. Este é aínda mellor»[16]) o El Correo, que destacó el álbum como «disco de la semana»,[17]) hasta la prensa musical especializada, como Bat, Bi Hiru («su mundo musical es infinito»[18]) o Rockdelux, que eligió Gure Jarrera como mejor disco nacional del año.[19]

Durante 1991 e 1992 o grupo realizou dúas xiras internacionais. A primeira foi Gora Herria/Power to the People Tour 91 que levounos por estados como Francia, España, Italia, Reino Unido ou Cuba. A segunda foi o Tour 91+1. Tocaron en Alemaña, Francia, País Vasco, Italia e, por vez primeira, en México e Estados Unidos (onde telonearon a Fugazi). Como testemuño de ambas xiras apareceron dúas referencias: a primeira foi o maxi-single Gora Herria (1991), que contiña unha remestura da canción «Gora Herria» (na que colaboraron Manu Chao e Joseba Tapia) e varios cortes gravados en directo durante a xira do 91. A segunda foi o vídeo Tour 91+1 (1992), con imaxes das dúas xiras.

En 1993 apareceu, segundo a crítica, a obra cumio do grupo, o dobre vinilo Borreroak Baditu Milaka Aurpegi («O verdugo ten un milleiro de facianas»). Aínda que houbo medios que entón cualificaron o traballo de «pretensioso»,[20] o feito e que incluso algúns diarios conservadores como ABC ou El Correo Español amosáronse eloxiosos respecto ó novo álbum de Negu Gorriak. Rockdelux volveu a premiarlles co primeiro posto da lista de mellores discos estatais (algo que, ata 2006, non repetiuse: só Negu Gorriak e Sr. Chinarro teñen colocado dous discos no número un da citada revista)[21] e co posto número trinta na lista d'«os 100 mellores discos españois do século XX».[22]

En maio, el Tenente Coronel de la Garda Civil Enrique Rodríguez Galindo demandou a Negu Gorriak e a Angel Katarain (técnico de son da banda) por un delito de «danos á honra e difamación do bo nome».[23] O motivo foi a canción «Ustelkeria» (do álbum Gure Jarrera), na que Negu Gorriak acusaron ao Coronel de narcotráfico, baseándose nun informe do fiscal donostiarra Luis Navajas que publicárase previamente en diferentes medios de comunicación. Galindo esixiu un pago de 15 millóns de pesetas (90.000 euros), ademais de non poder tocar a canción en directo, nin incluíla en futuras reedicións do disco.[24] Esta denuncia deu orixe a unha longa loita legal, que rematou resolvéndose a favor do grupo en 2000.

En setembro o grupo embarcouse na súa xira europea máis ambiciosa, Itxurakeriari Stop!! Hypocrisy Tour 93, a máis longa que realizaron na súa historia e que lles levou até Austria, a República Checa, Italia, Alemaña, Países Baixos, Bélxica, Francia e España, rematando o 30 de outubro en Bilbao ante 9.000 persoas.[25] O concerto gravouse e foi editado como Hipokrisiari Stop! Bilbo 93-X-30 (1994).

O impacto de Latinoamérica[editar | editar a fonte]

Ó longo de 1994 Negu Gorriak non editou ningún traballo de estudo. Kaki perdeuse a xira solidaria que Negu Gorriak realizaron por El Salvador en apoio do FMLN, debido a unha operación na que lle extirparon o bazo e a vesícula.[26] Por mor da súa ausencia, o grupo xirou co nome de NG Brigada.

Con Kaki recuperado, o grupo ó completo marchou a unha nova xira por América Latina, o Hegoamerikan Tour 94. Durante os últimos días de setembro e os primeiros días de outubro os vascos percorreron Chile, Arxentina e Uruguai. A xira foi moi accidentada (con varias datas canceladas), debido aos incidentes sucedidos meses atrás, cando o Goberno de Uruguai decidira extraditar a tres supostos membros de ETA, que iniciaron unha folga de fame e sede. A decisión do Goberno orixinou unha serie de protestas civís que saldáronse o 24 de agosto coa morte, a mans da Policía, de dous cidadáns uruguaios: Fernando Morroni e Roberto Facal (ambos por feridas con armas de fogo).[27]

A modo de resumo do feito durante o ano, editaron outro vídeo, Negu Gorriak Telebista.

As experiencias en Latinoamérica marcaron profundamente ó grupo, que deu un xiro no seu son cara a ritmos latinos. Así, en maio de 1995 apareceu o cuarto traballo de estudo dos vascos, Ideia Zabaldu («Difundir a idea»). A introdución deste tipo de sons fixo que o disco resultase moito máis positivo que o claustrofóbico Borreroak.

Ó álbum seguiulle unha nova xira, o Ideia Zabaldu Tour 95, unha xira dun mes por Europa. Durante o seu periplo español, estiveron acompañados por Todos Tus Muertos, con quen organizaran o Hegoamerikan Tour 94.

A campaña «Hitz Egin!»[editar | editar a fonte]

Fermin Muguruza durante un concerto de Negu Gorriak en Pamplona en 1992.

Aínda que a demanda de Galindo foi desestimada nos Xulgados de Primeira Instancia, a Audiencia Provincial de Donostia fallou a favor deste, o que facía perigar o futuro do grupo e a discográfica, xa que non dispoñían dos máis de 90.000 euros que lles pedía o recentemente ascendido a Xeneral. O grupo apelou ante o Tribunal Supremo.

Aínda que a sentenza estaba en espera de execución ata que se fallase o recurso interposto polo grupo, Negu Gorriak comezaron a prepararse por se o resultado final lles era desfavorable. Os 90.000 euros implicaban que o grupo debería vender Esan Ozenki, xunto con tódolos másters de gravación dos álbums editados ata o momento polo selo.

O grupo comezou a campaña internacional de solidariedade Hitz Egin! («Fala!», en galego), en «apoio da liberdade de expresión» e coa idea de acadar os cartos necesarios para facer fronte aos costos da demanda en caso de perdela.

Esan Ozenki organizou un festival no que tocaron unha grande parte dos grupos que gravaban para o selo. O macro-concerto celebrouse o sábado 28 de outubro en Oiartzun (Guipúscoa). Dous días antes, as entradas esgotáronse: acudiron máis de 12.000 persoas. En total foron 9 horas para os 15 grupos, que estiveron repartidos en dous escenarios: BAP!!, Nación Reixa, Xabier Montoia, Deabruak Teilatuetan, Ama Say, Su Ta Gar, Banda Bassotti, Anestesia, Kashbad, Baldin Bada, Dut, Lin Ton Taun, EH Sukarra, Etsaiak e os propios Negu Gorriak.

Ademais, en 1996 apareceron tres gravacións solidarias para buscar fondos para o grupo. A primeira foi Ustelkeria. O álbum contiña rarezas, material espallado nos seus singles e un tema inédito. Realizouse unha tirada limitada de 1.500 copias, que vendéronse a 5.000 pesetas (uns 30 euros) cada unha. O disco non distribuíuse por tendas, vendeuse só por correo e acompañado dun libreto con información sobre o xuízo.[28],[29]

A segunda gravación solidaria foi Irabaziko dugu, un single editado en Francia con dúas cancións, unha de Negu Gorriak e outra de BAP!!.

A terceira foi un recompilatorio editado xunto coa discográfica italiana Radio Tandem: Parla! Libertà d'espressione, editado en Italia por Radio Tandem e en España por Esan Ozenki-Gora Herriak. No recompilatorio apareceu o tema de Negu «Ume hilak» («Nenos mortos»).

A disolución: 1996[editar | editar a fonte]

1996 comezou para Negu Gorriak con varios concertos, actuando como testas de cartel no Espárrago Rock (Granada) e, xunto a Zebda, Dut e Ice-T & Body Count nas xornadas organizadas polas asociacións xuvenís da esquerda abertzale Jarrai e Gazteriak.

En abril realizaron unha nova xira americana: o Begirunea Tour 96, no que tocaron nos Ánxeles e México, nunhas ornadas solidarias co EZLN. Mikel «BAP!!» e Fermin decidiron viaxar a La Realidad, un Municipio Autónomo Zapatista onde coñeceron ao Subcomandante Marcos e a outros líderes zapatistas. Cando o grupo volveu ao País Vasco, Mikel «BAP!!» decidiu quedarse unha temporada máis en México, sendo detido cando presentouse na Oficina de Migración a regularizar a súa situación. Foi liberado tres días máis tarde e expulsado do país. As autoridades mexicanas informaron ó Consulado español de que o músico fora detido por «entrar ó país con documentos falsos e actuar en locais pese a carecer dunha visa que lle permitise actuar para obter ganancias»,[30] pero Mikel manifestou nunha entrevista en Egin que pensaba que a detención estivo relacionada coa súa visita a La Realidad.[31] O 31 de outubro, Fermin anunciou no diario Egin a disolución do grupo. Na columna, Fermin sintetizou a traxectoria do grupo (falou da creación de Esan Ozenki e dunha «internacional do rock»), anunciando tamén que o punto e final o poría un novo disco de estudo, Salam, Agur, composto enteiramente por versións de grupos que lles influenciaran como The Clash, Minor Threat, Bob Marley, Redskins, The Who u Otis Redding.[32] O grupo prometeu volver se gañaban o xuízo pendente contra Galindo.[33]

«NG, a vitoria é nosa»[editar | editar a fonte]

O 7 de xuño de 2000, o Tribunal Supremo absolveu a Negu Gorriak de tódolos cargos ó considerar que a demanda de Galindo estaba mal plantexada, pois habíase de aplicar un litisconsorcio pasivo necesario, e non se chamara a xuízo nin se dera posibilidade de defensa a un dos coautores da canción.[24] Os avogados deste non recorreron, e os compoñentes de Negu Gorriak anunciaron, en xaneiro de 2001, a súa absolución e a celebración de dous concertos como despedida final e agradecemento a todo o apoio recibido durante o proceso.

Os concertos celebráronse en febreiro en Baiona (4.000 persoas) e no velódromo de Anoeta en Donostia (13.000 persoas). Por mor da venda masiva de entradas (esgotáronse en menos dun mes) e á expectación creada, o grupo anunciou que se realizarían dous concertos en Anoeta. Ademais, reeditouse Ustelkeria para a súa venda en tendas. O grupo, como mostra de agradecemento, fixo chegar unha entrada e a nova edición de Ustelkeria a tódalas persoas que colaboraran con eles nas súas campañas de solidariedade.[34]

Como teloneiros levaron a Banda Bassotti e Selektah Kolektiboa. Os italianos chegaron xustos ó concerto de Baiona, xa que no aeroporto de Roma, cando saían cara ó País Vasco, foron agredidos por grupos de skinheads neonazis, quen lles impediron tomar o avión á súa hora. Tiveron que saír do aeroporto escoltados pola policía italiana, aínda que finalmente conseguiron chegar a Baiona in extremis.[35]

Arredor de 30.000 persoas foron testemuñas dos tres derradeiros concertos de Negu Gorriak.[6]

Traxectorias posteriores[editar | editar a fonte]

Trala súa separación en 1996 tódolos compoñentes, agás Fermin, tiñan proxectos en paralelo á banda cos que continuaron as súas carreiras musicais.

Fermin Muguruza[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Fermin Muguruza.
Fermin Muguruza no concerto que deu en maio de 2004 en Montevideo.

Fermin Muguruza uniuse ó grupo Dut editando en 1997 o disco Ireki Ateak (acreditado a Fermin Muguruza eta Dut). Un ano máis tarde apareceu un disco recompilatorio de tódala súa carreira anterior, con cancións dos grupos nos que participara ou cos que colaborara: Amodio eta gorrotozko kantak/Canciones de amor y odio (1984-1998).

Posteriormente comezou a súa carreira en solitario. En 2006 apareceu o seu derradeiro traballo, Euskal Herria Jamaika Clash. Con este traballo, o músico de Irun contabiliza cinco discos de estudo (Brigadistak Sound System, 1999; FM 99.00 Dub Manifest, 2000; In-komunikazioa, 2002 e Xomorroak (Bizitza lorontzian)/Bichitos (La vida en el tiesto), 2005), dous discos de remesturas (ErREMIXak, 1999, remesturas de Brigadistak... e Irun Meets Bristol. Komunikazioa, 2003, remesturas de In-Komunikazioa) un disco en directo (Sala Apolo, Barcelona 21/01/04, 2004) e dous recompilatorios (o citado Amodio... e un DVD/CD 99-04, 2005; con cancións inéditas).

En 2006, coa leria do peche de Metak, Fermin volveu a apostar pola autoxestión lanzando un novo selo: Talka Records.

Iñigo Muguruza[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Iñigo Muguruza.

Iñigo continuou coa carreira de Joxe Ripiau (grupo que formara en 1996 xunto ó seu irmán Jabier e Sergio Ordóñez), con quen deu renda solta á súa pasión polos ritmos caribeños, mesturando o ska con merengue, cumbia, salsa ou raggamuffin. En 1998 incorporouse Asier Ituarte. Gravaron catro discos ata a súa disolución en 2000: Positive Bomb (1996), Karpe Diem (1997), Paradisu Zinema (1998) e Bizitza Triste eta Ederra (2000).

Posteriormente fundou o grupo Sagarroi xunto a Carlos Zubikoa e Gorka Bazkarran. O grupo manténse activo e teñen editado catro álbums: Meatzaldea (2001), Euria ari duela (2003), Toulouse (2004) e Baleike (2006). Nun principio xurdiu como un grupo de hardcore, punk e rock, no que Iñigo deu cabida aos ritmos e cancións que non encaixaron co repertorio de Joxe Ripiau. Coa entrada de Asier Ituarte en 2002, o son xirou cara ó ska e os ritmos latinos, volvendo así á onda dos Ripiau.

Kaki Arkarazo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Kaki Arkarazo.

Kaki Arkarazo continuou xunto con Antón Reixa no grupo Nación Reixa. En 1994 publicaran o seu primeiro álbum (Alivio Rápido). Coa incorporación de Mikel Abrego, publicaron o seu segundo e derradeiro traballo: Safari Mental (1997). Separáronse e axudou a Antón co seu primeiro álbum en solitario: Escarnio (1999).

Ademais, Kaki dedícase á produción discográfica (carreira que iniciou desde os seus comezos na música), tendo producido discos de grupos como Fermin Muguruza, Dixebra, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Chucho, Kashbad, Anari, Amparanoia, Betagarri, Banda Bassotti, Atom Rhumba, Manta Ray, Inoren Ero Ni , Los Deltonos ou Guerrilla Urbana.

No ano 2000, fundou o seu propio estudo de gravación: os Estudios Garate.

Mikel «Anestesia»[editar | editar a fonte]

Mikel Kazalis continuou a súa carreira coa súa antiga banda Anestesia, cos que leva publicados o EP Toki berean (1991) e os álbums Gorrotoaren Ahotsa (1993), Erantzun (1995), Gu (1997), Ultra-komunikatzen (2000) e, logo dun parón de varios anos, Terapia (2006).

En 1997 apareceu un novo proxecto de rock industrial chamado 2 Kate, xunto a Izaskun Forkada. Publicaron un par de LPs (Bide Laburra, 1997 e Birziklatu, 1999). Disolvéronse en 1999 sen ter acadado moito éxito.

En 2001, despois de aparcar momentaneamente a Anestesia, Mikel comezou a tocar con Kuraia, grupo de punk-rock que pretendeu ser un proxecto puntual pero que aínda hoxe seguen en activo. Co seu primeiro álbum convertéronse en todo un fenómeno, acadando un grande éxito de crítica e público, en grande parte debido ó seu directo. Actualmente son unha das puntas de lanza do novo rock vasco.[36] Teñen editado tres álbums: Kuraia (2001), Iluntasunari Barre (2003) e Piztu da Piztia (2005).

Mikel «BAP!!»[editar | editar a fonte]

Mikel Abrego ten sido o máis prolífico dos cinco membros. Ademais de tocar a batería en tódolos álbums en solitario de Fermin Muguruza (agás Euskal Herria Jamaika Clash) e de formar parte das banda deste en concerto (Fermin Muguruza Dub Manifest, Fermin Muguruza Kontrabanda e Afro-Basque Fire Brigade), teñen colaborado en varios proxectos musicais.

En 1996 incorporouse a dous grupos xa existintes: os mencionados Nación Reixa e Parafünk. Cos primeiros publicou Safari mental (1997), mentres que cos segundos gravou Prologo (1996), Disco Nudo, Desenlace e e Epïlogo (estes tres últimos en 1997).

Finiquitados ambolos dous proxectos, comezou a colaborar coa cantautora Anari, coa que participou como batería nos seus tres ábumes: Anari (1997), Habiak (2000) e Zebra (2005).

En 2002 comezou dúas novas aventuras. Xunto a Javi P3z (con quen coincidiu en Parafünk) e Mikel Unzurranzaga «Makala» creou o Trío Kempes, de curta existenza e con só un single no seu haber: «Summer City Love» (2002). Xunto ó video-creador Luis André formou -Gailu, un proxecto máis persoal no que Luis creou a parte visual e Mikel musicou as imaxes. Para isto rodeouse do Trío Kempes, Anari, Fernando Sapo (cantante de El Corazón del Sapo e Kuraia), o seu irmán Eneko e varios músicos máis. O resultado foi Kutxa Beltza (2002).

Na actualidade, Mikel forma parte de dous conxuntos. O primeiro é Inoren Ero Ni, xunto a dous compañeiros de BAP!!, cos que leva publicado un álbum: Inoren Ero Ni (2004). Ademais, xunto a Javi P3z e varios músicos formou a Javi P3z Orquesta, cos que leva publicados tres traballos: Sports (2004), Ping Pong (2004) e El Pinball, Domino, Futbol-in (2005).

A música de Negu Gorriak[editar | editar a fonte]

As diferentes influencias en Negu Gorriak[editar | editar a fonte]

En Negu Gorriak confluíron varios factores que fixeron que as súas referencias musicais fosen moi variadas, aínda que de rastreo non doado. Dende os agradecementos nos seus discos até as mencións a este ou a aquel artista nas letras ou nas entrevista ; todo o escrito relativo ó grupo guipuscoano está salpicado por mencións a diferentes músicos e grupos, cunha grande variedade estilística: dende De La Soul, N.W.A. e Public Enemy a Sam Cooke, James Brown, Aretha Franklin, pasando por Red Hot Chili Peppers, Metallica, Nirvana, Lynyrd Skynyrd, Neil Young, Bad Religion, Living Colour, Rollins Band, Fugazi, Os Resentidos ou Mikel Laboa.

Así, as influencias na música de Negu Gorriak son moi claras e sempre teñen estado presentes nos numerosos samples dos seus discos ou na presada de versións que teñen tocado. Este amplo abano de influencias é consecuencia das diferentes peculiaridades dos seus membros. Por un lado, Fermin e Iñigo teñen feito gala da súa melomanía. Este último, nunha entrevista concedida ó diario El Correo, afirmou que, cando o seu irmán Jabier marchou do domicilio familiar, a colección de álbums dos tres irmáns era de arredor de 2.000 exemplares.[37] Por outro lado, Kaki Arkarazo sempre foi un grande admirador da música negra, dende o rock and roll ata o soul ou o rap. Foi el quen introduciu aos irmáns Muguruza no mundo do hip hop e Public Enemy:

«O rap, o hip-hop, é un movemento que marabilla ós Muguruza. Igual que a finais dos 70 a explosión do punk foi a pedra de toque inspirador para o inicio das súas aventuras en Kortatu [...] é agora a cultura do rap, que emerxe a fins dos anos 80 en Estados Unidos o que ten atrapado aos irmáns Muguruza. Kaki Arkarazo, un namorado da música negra en xeral, é sobre todo, o que comeza a iniciar aos dous de Irun neste novo camiño.»[38]

Ademais, coa incorporación de Mikel Kazalis e Mikel Abrego á base rítmica, o abano de influencias abriuse: Mikel «Anestesia» militaba en bandas de heavy e thrash metal, namentres que Mikel «BAP!!» tocaba nun grupo de hardcore punk con inclinacións ó emocore.

Non é estraño que o grupo sempre fixese bandeira da cultura do mestizaxe, aínda que este eclecticismo non lles fixo perde-lo camiño. É comunmente aceptado que a música de Negu Gorriak é moi persoal, no sentido de que fagocitaron todas esas influencias e as devolveron envoltas nun son propio:

«Negu Gorriak domina tódolos recursos que teñen ó seu alcance e enriquecen continuamente a súa música como se esta fora unha porrusalda sonora. Hardcore, rap, tradición musical vasca, reggae ou heavy entremézclanse sen complexos co sampleo como arma enriquecedora. Contrastes como as achegas do sampler [...] ou o emprego do suprino (un instrumento autótono que case ninguén toca hoxe en día), amosan sen ambaxes o brilante futuro que teñen por diante os mestizaxes intelixentes.»[17]
«[...] propoño que consideremos o proceso de translación do hip hop ó mundo do rock radical vasco como un proceso de domesticación, no canto de imitación. Lembremos que domesticar quere dicir literalmente, traer algo a casa.»[39]
«"Hard-core" rap e reggae seguen a ser ingredientes das rotundas composicións da banda, pero aderezados ó seu modo, e pasados polo cedazo estilístico da factoría Muguruza.»[16]

Versións que teñen tocado nos seus álbums[editar | editar a fonte]

Outra das probas do eclecticismo musical da banda é a variedade de versións que teñen incluído nos seus álbums. A mellor representación é Salam, Agur, un álbum composto exclusivamente de versións de BAP!!, Otis Redding, The Who, Macka B, Minor Threat, Bob Marley, Public Enemy, The Clash, Redskins, Poison Idea, Errobi, Dead Kennedys, Linton Kwesi Johnson, Anestesia e N.W.A. Ademais, estas son tódalas versións que o grupo ten colocado ao longo da súa discografía:

  • «Gaberako aterbea» («Refuxio nocturno») e «Arrano beltza» («O aguia negra») de Mikel Laboa.
  • «Bide baten bila» («En busca dun camiño») de Rich Kids on LSD.
  • «Song number one» («Canción número un») de Fugazi.
  • «Zu atrapatu arte» («Até atraparte») de Kortatu.
  • «Jainkoak gorde beza lehendakaria» («Deus salve ao lehendakari») de Derribos Arias
  • «Pistolaren mintzoa» («Que falen as pistolas») de M-ak.
  • «Kaixo» («Ola-adeus») de Delirium Tremens.
  • «Apatxe gaua» («Noite Apache») de Bérurier Noir.

Outra característica é que todas estas versións traducíronas ó éuscaro (cando non era esta a lingua orixinal da canción).

A evolución da súa música: Negu Gorriak disco a disco[editar | editar a fonte]

A evolución da música creada polo grupo é evidente segundo analízanse os seus primeiros catro álbums de estudio.[40]

No primeiro álbum, Negu Gorriak, a mestizaxe entre o rock e o rap é máis groseiro que nos discos que virían máis adiante. Os sons máis habituais no seu primeiro álbum son o hardcore nas guitarras e os fraseos de Fermin nun estilo hip hop, sendo claramente diferenciables uns sons dos outros. Así, en «Irakatsi ziguten historia» ou «Seinalea» o ritmo é rápido e furioso, mentres que en «Esan ozenki» ou «Radio Rahim» a fusión co hip hop é máis clara (levada ó estremo en «Bertso-Hop», onde mesturan bertsos co hip hop). Este álbum é considerado pola crítica como un bo pistoletazo de saída para o que estaba por chegar.[41]

En Gure Jarrera (cualificado pola crítica como o seu primeiro grande álbum) o son evoluciona cara ó hardcore, manténdose as guitarras afiadas en primeiro plano, igual que en Negu Gorriak, malia contar xa cunha base rítmica «de carne e óso». Pero a entrada dos dous Mikeles nótase no resultado final, as guitarras vólvense máis duras, máis thrash.[42] A fusión rock (hardcore punk)-rap é agora moito máis orgánica que na primeira entrega, Fermin é quen de manter fraseos de hip hop fronte ao muro de guitarras, baixo e batería.

En Borreroak Baditu Milaka Aurpegi (cualificado pola crítica como a súa obra mestra) a banda amósase moito máis compacta que no seu anterior álbum. Non en van levaban dous anos de xiras e tantos concertos xuntos remataron por compactar o seu son. As guitarras reláxanse e o baixo entra case en primeiro plano. Aparecen ventos e hai menos samples que nos dous anteriores. A mestizaxe faise máis sutil (agás na skatalítica «Kolore bizia» e na salsa «Chaquito»). Fermin fai súa a voz de Delirium Tremens, M-ak ou Mikel Laboa, dos que fan sendas versións. O mesmo Fermin describiuno como «máis variado e aberto que Gure Jarrera. Continuísmo? Como un camiño que se ensancha, que se converte en pista».[43]

En Ideia Zabaldu é o disco no que Negu amósanse máis innovadores, apostando abertamente por un rock mestizo con sons latinos como samba ou son cubano, ademais de elementos de raï ou os xa habituais de soul, funk ou rap.[44] Ao contrario que en Borreroak, os samples volven a tomar o protagonismo que tiveron nos seus dous primeiros álbums. O xeito de cantar de Fermin sofre un cambio perceptible, hai menos fraseos hip hop e máis melodía á hora de cantar.[45] Malia ser o favorito de varios membros da banda, a crítica cualificouno como un pequeno paso atrás: «...a calidade baixa de obra mestra a simplemente moi bo».[46]

Influencia de Negu Gorriak[editar | editar a fonte]

Países (en verde) nos que se ten editado ou distribuído algunha referencia de Negu Gorriak (singles, álbums ou recompilatorios).

Negu Gorriak é un dos grupos vascos que maior proxección internacional tivo durante a década dos 90. Negu Gorriak aproveitaron a pequena rede de contactos que tecera Kortatu en Europa para rematar estendendo esta ó longo de todo o mundo. Os seus álbums teñen sido editados e distribuídos en moitos países europeos, ademais de en Estados Unidos, México, América do Sur e mailo Xapón. As súas cifras de vendas son relativamente altas: máis de 25.000 exemplares de cada un dos seus álbums.[47]

Moitos músicos teñen tido en especial consideración ó grupo, desde personalidades como Jello Biafra ou Ian MacKaye a Fidel Nadal (de Todos Tus Muertos):

«En América temos relación [...] con tódala xente de Alernative Tentacles, sobre todo con Jello Biafra, que adoita escribirnos, pedilos discos e, nunha entrevista do Ruta 66 dicía que nos Estados Unidos nunca podería saír un grupo tan interesante como Negu Gorriak. Como te podes imaxinar, iso témolo enmarcado»[48]

Deles tense dito:

«[...] unha referencia xa ineludible na nosa historia.»[49]
«Xurdido trala separación de Kortatu, o segundo proxecto de Fermín (sic) e Iñigo Muguruza resultou ser unha das bandas de rock nacionais máis importantes dos anos 90. [...] o legado das hachas cruzadas segue vixente como unha das propostas máis reais, excitantes e combativas do rock nacional.»[2]
«Queríamos ter feito o noso agasallo a Negu, publicando unha columna que recollera opinións da rúa e da redacción sobre as achegas que supuxeron á escena [...] pero son tantos, en tan diversos campos que [...] temos optado por deixalo. Vaia dende aquí o noso agradecemento ó grupo por todo isto e simplemente deixar constancia de que... Negu Gorriak é o máis grande grupo de rock dos 90, en Euskadi e no estado español.»[50]
«Posiblemente o grupo estatal máis importante dos 90.»[51]

Teñen sido portada en varias revistas musicais: El Tubo, Free Rock, Popular 1, Factory, Entzun!, Algara ou no suplemento musical de Egunkaria.

Versións doutros grupos de cancións de Negu Gorriak[editar | editar a fonte]

Militancia política[editar | editar a fonte]

Algo inseparable a Negu Gorriak ten sido a súa militancia política, que sempre ten estado unida ó seu discurso musical («[o creativo e o político] son aspectos difíciles de separar»,[43] declarou Fermin nunha ocasión). Esta relación, ademais, ten sido sempre moi íntima en tódolos grupos da órbita do denominado rock radical vasco. Esta relación entre música e política xa estaba presente nos anteriores grupos nos que militaran os seus membros. Kortatu, BAP!! ou Anestesia eran grupos de «rock politizado».

A militancia de Negu Gorriak non só se circunscribiu ó entorno da esquerda abertzale. Malia que as relacións entre Negu Gorriak e grupos relacionados coa esquerda abertzale teñen sido fluídas, Fermin (como portavoz do grupo) sempre tentou manter a distancia para que non se vese ó grupo como un mero aparato de propaganda do MLNV (Movemento de Liberación Nacional Vasco) ou de Herri Batasuna.

—É verdade o que coméntase, que só tocades para vos ou para o M.L.N.V.?
—Ben, nós non temos tocado ningún concerto para o M.L.N.V., polo menos como organización política. Para organizacións sociais como dicimos nós, si que temos tocado. A isto que digo que preste atención a xente e que analice o feito antes de falar. Si que temos tocado para Xestoras, para Comités Internacionalistas, Nafarroa Oinez, contra o V centenario [do descubrimento de América], Herri Urrats, Insubmisos. Para mí M.L.N.V. son as organizacións políticas como por exemplo K.A.S. ou Herri Batasuna e o demais é tentar meter a toda a xente no mesmo saco.[47]

Ademais de dar moitos concertos en eventos relacionados con esta (como o seu primeiro concerto xunto ás Xestoras Pro Amnistía, contra o peche de Egin ou en xornadas organizadas por Jarrai), implicáronse en diferentes causas máis aló do mundo vasco como a insubmisión ou as xiras solidarias co FMLN ou os Zapatistas de Chiapas. En Negu Gorriak sempre consideraron as cuestións nacionalistas intimamente ligadas cun sentir internacionalista:

«Comprometémonos coa autodeterminación e a independencia de Euskal Herria, a nosa lingua e cultura, ó igual que facémolo co movemento internacionalista e solidario cada vez que saímos ó exterior.»[52]
«Nós non só somos solidarios en Euskal Herria. Estivemos apoiando a campaña electoral do FMLN en El Salvador, temos tocado en Cuba crebando o bloqueo, temos estado coas Nais de Praza de Maio en Arxentina, en Chile, coa peña do selo que gravou a Víctor Jara e a tódolos cantautores da época e que agora grava a tódolos grupos punk da zona, en Uruguai coa xente que bloqueou o traslado dos presos vascos.»[47]

O éuscaro: «son vasco e estou orgulloso!»[editar | editar a fonte]

A primeira e máis importante decisión política do grupo foi a elección do éuscaro como lingua de expresión. Malia que a lingua non poda parecer un factor político, no caso de Negu si o é (ademais abertamente admitido por eles) xa que elixiron o éuscaro polo seu nacionalismo militante.

O éuscaro non era a lingua materna dos irmáns Muguruza. Fermin e Iñigo aprenderon o éuscaro a finais dos oitenta, polo que escribir textos na lingua vasca non era algo «natural» para Fermin. Malia que Fermin non se consideraba a si mesmo un bo comunicador en éuscaro,[8] decidiron que esta sería a súa lingua de expresión. O idioma converteuse así nunha bandeira para o grupo.

A través da súa produción musical, crearon unha imaxe dunha nación euskaldun militante non illada, situada dentro de e en comunicación cun mundo máis amplo de influencias transnacionais, caracterizada por fluxos globais de persoas, música, imaxes e culturas.»[39]

Esta militancia vasca á par que internacionalista está presente no propio logotipo do grupo: dúas hachas cruzadas formando unha «X». Así, o grupo conxugou o sentir vasco (o hacha é un símbolo do vasco[53]) co seu sentir internacionalista, xa que o X simbolizaba tamén a Malcolm X. Unha nova mostra da asimilación da cultura do hip hop por parte do grupo.

As intencións de reivindicar a lingua e cultura vascas foi algo que o grupo deixou claro desde o primeiro corte do seu primeiro álbum: «Esan Ozenki» («Dillo alto»), na que trocaban o berro de James Brown «¡Son negro e estou orgulloso!» por «¡Son vasco e estou orgulloso!»:

James Brownek

anai-arrebei
idatzizako kanta
Esan ozenki.
Beltza naiz
eta harro nago!

Gure ordua
heldu da txo:
Euskalduna naiz
eta harro nago!
Aski da txo, esan ozenki:
Euskalduna naiz
eta harro nago!

A canción que escribiu
James Brown
aos irmáns e irmás.
Dillo en alto,
Son negro
e estou orgulloso!

A nosa hora
chegou tío:
Son vasco
e estou orgulloso!
É suficente tío, díllo en voz alta:
Son vascofalante

e estou orgulloso![54]

A violencia e o conflito vasco nas cancións de Negu Gorriak[editar | editar a fonte]

A violencia está moi presente na obra de Negu Gorriak baixo diferentes aspectos. O grupo ten defendido o emprego da violencia como un mecanismo moralmente aceptable para defenderse da opresión do estado. Nos seus tres primeiros álbums de estudo hai varias cancións nas que trátase o tema do uso da violencia, ben porque a canción fale especificamente disto («Seinalea» —«O sinal»—, «Pistolaren mintzoa» —«A linguaxe da pistola»—, «Begipuntuaren xedea» —«O obxectivo do punto de mira»— ou «NG, geurea da garaipena» —«NG, a vitoria é nosa»—) ou ben trátase de xeito anecdótico («Esan Ozenki» ou «Sabel-hiztunaren ordu ikaragarria» —«A hora terrorífica do ventrílocuo»—). Tamén tratan o tema da violencia sufrida desde o Estado polas persoas disidentes («Euskaldunok eta zientzia» —«Os vascos e a ciencia»—). Esta violencia non sempre está enfocada cara ó problema vasco en concreto, senón que a maioría destas cancións falan de violencia cara ó sistema, sen facer particularidades.

Ao seren preguntado sobre se cría na «súa apoloxía da violencia», Fermin respondeu o seguinte:

«Por suposto. Estou ben convencido: ou isto estoupa ou imos á merda. Aquí o que se move, ese ambientazo de concertos de cada fin de semana, ven de colectivos concienciados. Mira o dos insubmisos. É unha bomba de reloxeiría.»[43]

Negu Gorriak nunca afirmáronse simpatizantes de ETA. Si que solidarizáronse cos presos de ETA, facendo concertos para Xestoras Pro Amnistía e acudindo ás marchas organizadas cara ao cárcere de Herrera de la Mancha.[13] O tema dos presos tamén se ten tratado nalgunhas cancións, como «Amodiozko kanta» («Canción de amor»), na que descríbese a visita dunha persoa á súa parella na cadea (aínda que non se di que esta sexa de ETA; descríbese como unha persoa que está na cadea lonxe do seu lar). Nunha entrevista en 1997 (cando a banda xa estaba disolta), Fermin lamentábase de que como grupo non tivesen vivido a volta de tódolos presos de ETA ó País Vasco:

«[Dóenos] o non ter podido tocar en concerto de benvida a casa de tódolos presos. Algún día o conseguiremos e para ese día, creo que até se reorganizaría Kortatu[55]

Ao longo dos seus anos de carreira, Negu Gorriak teñen opinado sobre o «conflito vasco». Co tempo o grupo foi virando cara a unha clara aposta polo diálogo como solución a este. Segundo Fermín, unha das cousas que máis impactou ó grupo foron as diferentes visitas a América Latina durante 1994, 1995 e 1996. Esta evolución ideolóxica tamén pódese apreciar nas letras das cancións. Así describíano o crítico musical Xabier Cervantes ao falar sobre Ideia Zabaldu:

«[Negu Gorriak] teñen conducido a súa loita política a través da música. A radicalidade chegou ó seu límite no disco anterior. Negu Gorriak apertaban o puño e a mandíbula con firmeza. Agora abren a man, non como signo de debilidade, senón de enteireza. A crave, máis aló do "problema vasco", está no diálogo.»[56]

A solución dialogada ó conflito vasco ten sido repetida moitas veces por Fermin en varias entrevistas:

«[En El Salvador] abrimos a testa. Estar con xente que vivira a guerra máis deshumanizante que ten podido haber en toda Latinoamérica e ver que te falan con sinxeleza e naturalidade, practicamente sen odio.
[...] Cómpre que haxa vontade para resolver os problemas, témolo dito unha morea de veces. Realmente ten habido vontade para resolver os problemas en Irlanda por parte do goberno inglés e ten que haber vontade por parte do goberno español, porque xa houbo un intre no que semellaba que podíanse resolver unha morea de cousas cando comezaron as conversacións de Alxer. E nós estamos desexando que suceda algo así.»[56]
«En canto a Euskal Herria, penso que temos que construír pontes que faciliten o encontro entre a xente, a discusión eliminando a descualificación e o insulto fácil (españolazo versus terrorista), que permitan o inicio dun proceso de negociación entre ETA e Estado, no cal participemos todos e decidamos que tipo de modelo de vida queremos.»[55]

A independencia musical[editar | editar a fonte]

Negu Gorriak tamén fixeron bandeira da independencia musical fronte ás multinacionais da música. O seu primeiro álbum publicárono en Oihuka, da que Fermin declarou «para min, hoxe en día, hai unha única discográfica, Oihuka».[8]

Máis adiante decidiron dar un paso cara a autoedición e autoxestión, seguindo a filosofía punk do faino ti mesmo. Por iso, crearon o seu propio selo discográfico: Esan Ozenki Records co que o grupo rematou de tomar o control ó 100%. Agás na distribución (labor que Esan Ozenki non exercía), todo o relativo aos seus álbums (deseño, composición, mesturas, produción e edición) estaba controlado perfectamente polo grupo e persoas de confianza. No tema da distribución, Negu Gorriak operaban vendendo o álbum a distribuidoras alternativas que non traballaban con multinacionais.[47]

A independencia foi sempre sagrada para o grupo. Ao longo da súa carreira Negu Gorriak recibiron ofertas de diferentes discográficas (algunhas, chegaron a ofrecer mercar todo o catálogo de Esan Ozenki), pero o grupo mantívose nas súas posicións.[57] «Las hachas no se venden», era sempre a resposta de Fermin a este tipo de proposicións.[58]

A insubmisión[editar | editar a fonte]

Durante os primeiros anos da década dos 90, o fenómeno da insubmisión ao servizo militar obrigatorio e á prestación social substitutoria estoupou en España. Dos 371 insubmisos que había en 1989, pasouse á cifra de 10.800 en 1994. Especialmente importante foi o aumento de insubmisos entre 1992 e 1993, pasando de 3.500 a 9.353.[59]

No País Vasco, o movemento pola insubmisión foi especialmente forte, con máis do 50% dos seus mozos declarados obxectores ou insubmisos.[60] Non só partíase do antimilitarismo, senón tamén de posicións próximas ao nacionalismo vasco, é dicir, había mozos que negábanse ao feito de servir nun exército en tanto que exército e outros que negábanse a servir nun exército español.

A insubmisión é un movemento ó que non foi alleo o grupo. Mikel «Anestesia» e Mikel «BAP!!» declaráronse insubmisos, mentres que Fermin, Iñigo e Kaki autoinculpáronse xunto con 3, 2 e 1 insubmisos, respectivamente.[47] Ademais, o grupo colaborou co movemento pola insubmisión con varios concertos benéficos.

A principios de 1994, Mikel «BAP!!» foi xulgado e condenado a un ano de cárcere. O batería desapareceu durante unha tempada, polo que estivo en situación de busca e captura até que lle foi concedida a liberdade provisional.[61]

Por outro lado, Mikel «Anestesia» decidiu seguir a estratexia de non comparecer o día do seu xuízo. O xuízo estaba programado para o día 27 de xuño na Audiencia Provincial de San Sebastián. Ese día, á hora á que Mikel debía comparecer para a vista oral, Negu Gorriak apareceron por sorpresa cun camión-escenario fronte aos xulgados. Durante quince minutos interromperon o tráfico, tocaron cinco temas e marcharon. O único que non tocou foi Mikel «BAP!!», debido a que por entón atopábase en busca e captura.[62] O grupo foi multado con 50.000 pesetas (uns 300 euros) por «obstaculizar o tráfico».[48]

Discografía[editar | editar a fonte]


Xiras e concertos[editar | editar a fonte]

Estados (en vermello) nos que tocou Negu Gorriak.

Negu Gorriak teñen tocado en multitude de cidades e países de Europa e América. Durante o período de 1990 a 1996 realizaron 157 concertos e un total de cinco xiras internacionais e dúas mini-xiras, unha de apoio ó FMLN nas eleccións xerais de 1994 n'O Salvador e a outra de apoio ó EZLN en México:

En 2001, deron catro concertos de despedida ó gañar o xuízo contra Galindo.

As primeiras xiras que a banda realizou foron moi importantes para o grupo, xa que durante as mesmas estableceron unha ampla rede de contactos ó longo de todo o mundo. Froito destes contactos foron as edicións internacionais de Gure jarrera, Borreroak Baditu Milaka Aurpegi e Ideia Zabaldu. Os selos Danceteria e Bondage editaron os discos en Francia, Bélxica e Canadá, Gridalo Forte Records en Italia, Rec Rec en Suiza, RockN' Roll Circus en México e California, Grita! en Estados Unidos e Quattro Label en Xapón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A tradución literal sería «invernos vermellos», pero tradúcese como «invernos ruíns» ou «invernos duros», xa que o termo gorri admite ambas as dúas acepcións.
  2. 2,0 2,1 «Biografía de Negu Gorriak», na páxina web de MTV de España.
  3. O propio grupo deixouno claro no tema «B.S.O.» (pertencente ao seu segundo álbum) no que cantan: «eu tamén estaba a gusto, / saboreando a nosa Banda Sonora Orixinal: / raíces, rock, rap, reggae».
  4. http://elpais.com/diario/1996/04/24/cultura/830296806_850215.html
  5. http://elpais.com/diario/2000/06/09/espana/960501616_850215.html
  6. 6,0 6,1 Negu Gorriak. La victoria de la palabra, p. 28.
  7. SNOWDEN, Don: «Borreroak Baditu Milaka Aurpegi», en All Music Guide, 2006. (en inglés)
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 GOSTIN, A.: «Non queremos converternos no revival de Kortatu», en Argia 1283: 11 de febreiro de 2003. Tradución da entrevista a Fermin Muguruza aparecida no xornal Argia («Ez dugu Kortaturen revival bilakatu nahi»).
  9. Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 9.
  10. A canción foi incluída na reedición de Negu Gorriak que realizou Esan Ozenki en 1996, aparecendo en CD por primeira vez.
  11. MUGURUZA, Fermin: «Ehun ginen», en Argia: 25 de febreiro de 1990. Traducido ó castelán no dosier Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 8.
  12. TODA, Teresa y VRIGNON, Bixente: «O acoso policial non foi quen de impedir que a solidariedade chegase a Herrera de la Mancha», en Egin: 30 de decembro de 1990.
  13. 13,0 13,1 CABEZA, Pablo: «Sentimiento profundo y eléctrico desde Negu Gorriak, Herrera y Gestoras Pro-Amnistía», en Bat, Bi, Hiru: xaneiro de 1991.
  14. Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 12.
  15. Crítica de Gure Jarrera na sección «discos», en El País, 4 de agosto de 1991.
  16. 16,0 16,1 REKALDE, Xavier: «La postura de Muguruza», en El Independiente, 23 de agosto de 1991.
  17. 17,0 17,1 SERON, Luis Miguel: «Segundo asalto», en El Correo, 25 de agosto de 1991.
  18. CABEZA, Pablo: «El infinito mundo musical de Negu Gorriak», en Bat, Bi Hiru: mayo de 1991.
  19. Ver la lista de «los mejores discos nacionales» de 1991 en Rockdelux 82: enero de 1992.
  20. Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 14.
  21. Ver as listas d'«os mellores álbums nacionais» de 1993 en Rockdelux 104: xaneiro de 1994.
  22. «Los 100 mejores discos españoles del siglo XX», en Rockdelux 233: noviembre de 2004.
  23. «El Coronel Galindo demanda a un grupo de rock por "dañar" su honor en una canción», en El Correo: 26 de maio de 1993.
  24. 24,0 24,1 SALVADOR CODERCH, Pablo et. al.: «Libertad de Expresión y Conflictos Civiles» en InDret: outubro de 2001.
  25. Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 17.
  26. Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 18.
  27. «URUGUAY: Uso excesivo da forza pola policía en Montevideo», informe sobre os feitos realizado por Amnistía Internacional, 1 de setembro de 1994.
  28. Negu Gorriak. La vitoria de la palabra, p. 23.
  29. Ficha de Ustelkeria en negugorriak.net
  30. «Rockeiro vasco detido en México», en La Opinión, 24 de abril de 1996.
  31. «Baquetas almacenadas», en Egin: 28 de abril de 1996.
  32. MUGURUZA, Fermin: «Salam, agur», en Egin, 31 de outubro de 1996.
  33. Negu Gorriak. La vitoria de la palabra, p. 26.
  34. Entrevista a Fermin: «Los proyectos nuevos son antídotos contra la inercia», en Gara, 23 de febreiro de 2001.
  35. «Y con ellos llegó la fiesta», en Gara: 24 de febreiro de 2001.
  36. FIERRO, Álvaro: «Matxinada 2006. Euskadi 25 años después», en Ruta 66 229: julio-agosto de 2006, pp. 94-97.
  37. CUBILLO, Óscar: Entrevista a Iñigo Muguruza, en El Correo, 19 de maio de 2001.
  38. Negu Gorriak, A vitoria da palabra, p. 9.
  39. 39,0 39,1 URLA, Jacqueline: O novo «ritmo» do euskara: identidade e mestizaxe na obra de Negu Gorriak.
  40. O quinto e derradeiro, foi enteiramente de versións, polo que pouco ten que engadir á evolución do grupo.
  41. SNOWDEN, Don «Negu Gorriak». All Music Guide, 2006. (en inglés)
  42. SNOWDEN, Don «Gure Jarrera». All Music Guide, 2006. (en inglés)
  43. 43,0 43,1 43,2 ZARATA, Iñaki: «Negu Gorriak. Muguruzas X», en Rockdelux 98: xuño de 1993.
  44. F-MHop: «Negu Gorriak: Ideia Zabaldu», en La Factoría del Ritmo 2, novembro de 1995.
  45. Rockdelux95
  46. SNOWDEN, Don: «Ideia Zabaldu», en All Music Guide, 2006 (en inglés).
  47. 47,0 47,1 47,2 47,3 47,4 Entrevista a Fermin Muguruza: «Negu Gorriak. "Os machados volven a tinguilo todo de vermello"», en El Tubo: xuño de 1995.
  48. 48,0 48,1 Entrevista a Fermin Muguruza: «Negu Gorriak: por unha fronte popular rockeira», aparecida en El Tubo, setembro de 1994.
  49. BROC, David: «Fermin Muguruza. Rebelde sen pausa», en Rockdelux 166: setembro de 1999, p. 16.
  50. «Negu Gorriak. A loita continúa...», en El Tubo: xaneiro de 1997, p. 8.
  51. «Negu Gorriak», no Dosier sobre música vasca de La Factoría del Ritmo, 1996.
  52. SERÓN, Luis Miguel: «Rock de combate», en Viernes de Evasión: 28 de abril de 1995.
  53. Por exemplo, o hacha está presente no anagrama de ETA. Ningún membro do grupo tense expresado nunca ó respecto de se as dúas hachas teñen algo que ver co anagrama de ETA máis aló do seu significado dentro do imaxinario vasco.
  54. Letra de «Esan Ozenki» (fragmento). Letra completa
  55. 55,0 55,1 Entrevista a Fermin Muguruza: «Negu Gorriak. La lúcha continúa...», en El Tubo 83: enero de 1997.
  56. 56,0 56,1 CERVANTES, Xabier: «Negu Gorriak. Pensa en positivo», en Rockdelux:setembro de 1995.
  57. Negu Gorriak, a vitoria da palabra, p. 11.
  58. Entrevista a Fermin Muguruza, en Rockdelux 201: outubre de 2001.
  59. Movemento de Obxección de Conciencia: En lexítima desobediencia: tres décadas de obxección, insubmisión e antimilitarismo. Madrid:Traficantes de Sueños, 2002; p. 197.
  60. ESPARZA ZABALEGI, Jose Mari: «Ejército y Navarra», en Rebelión: 9 de setembro de 2005.
  61. Negu Gorriak. La vitoria de la palabra, p. 19.
  62. «Músico insumiso monta un concierto ante la Audiencia de San Sebastián», en El Diario Vasco: 28 de xuño de 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Negu Gorriak