Homínido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Un homínido é calquera membro da familia biolóxica Hominidae (os "grandes simios"), incluíndo os humanos extintos e presentes, chimpancés, gorilas, e orangutáns.
Esta clasificación ten sido revisada varias veces nas últimas décadas, o que levou a un uso variado da palabra "homínido": o significado orixinal de Hominidae referíase tan só ao significado moderno de Hominina, incluíndo só humanos e os seus parentes máis achegados. O significado do termo cambiou gradualmente, ata o significado moderno de "homínido", que inclúe a tódolos grandes simios.