Lista do Patrimonio Mundial en Perigo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é a lista dos lugares do Patrimonio da Humanidade en perigo:
Se o Comité do Patrimonio Mundial é avisado sobre posíbeis perigos para un sitio, este inclúese nesta lista co fin de chamar a atención mundial sobre as condicións, naturais ou criadas polo ser humano, que ameazan as características polas cales inicialmente se incribiu o sitio na Lista do Patrimonio Mundial.
Índice |
Guinea e Costa do Marfil [editar]
- A Reserva da Natureza do Monte Nimba foi inscrita en 1992 na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo como resultado de dous factores: a proposta de concesión dunha mina de ferro a un consorcio internacional e a instalación dun grande número de refuxiados na parte guineense do monte.
Malí [editar]
- A cidade histórica de Timbuktu, que está a ser engolida polas areas do Sáhara, foi colocada nesta lista en 1990.
Tanzania [editar]
- As ruínas das cidades de Kilwa Kisiwani e de Songo Mnara foron colocadas nesta lista en 2004, unha vez que están ameazadas pola erosión mariña, que pode levar ao desmoronamento de edificios, e tamén por unha xestión inadecuada da presión demográfica.