Roșia Montană

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRoșia Montană
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 46°18′30″N 23°04′57″L / 46.308258, 23.082606Coordenadas: 46°18′30″N 23°04′57″L / 46.308258, 23.082606
EstadoRomanía
JudețCondado de Alba Editar o valor em Wikidata
CapitalRoșia Montană Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.428 (2021) Editar o valor em Wikidata (58,35 hab./km²)
Xeografía
Superficie41,61 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude850 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataEugen Furdui (en) Traducir (2008–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal517615 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data?

Sitio webprimariarosiamontana.ro Editar o valor em Wikidata

Roşia Montană (en latín : Alburnus Maior, en húngaro: Verespatak, en alemán: Goldbach) é unha localidade mineira de Romanía, situada nos Montes Apuseni, no Condado de Alba (Transilvania).

Demografía[editar | editar a fonte]

Ano Total Romaneses Húngaros Romanís
1850 5.756 4.651 (81%) 669 170
1880 5.640 4.130 (73%) 1.452 n/a
1890 5.543 4.037 (73%) 1.472 n/a
1900 5.665 4.211 (74%) 1.424 n/a
1910 5.165 3.623 (70%) 1.515 n/a
1920 4.252 3.341 (79%) 880 n/a
1930 4.362 3.673 (84%) 609 60
1941 5.409 4.557 (84%) 651 n/a
1956 4.169 3.684 (88%) 416 63
1966 4.591 4.178 (91%) 317 87
1977 4.393 4.060 (92%) 157 168
1992 4.146 3.808 (92%) 104 228
2002 3.872 3.518 (91%) 55 289
2011 2,656 2,239 (84%) 6 334

Fontes:[1][2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

Restos romanos de Alburnus Maior.

A historia bimilenaria de Roșia Montană comeza coa conquista da Dacia polos romanos, que chegaron atraídos polos grandes xacementos de ouro da rexión, establecendo así unha explotación mineira no lugar dun poboado dacio. A existencia de táboas de madeira recubertas de cera datadas entre os anos 131 e 167 son unha proba da importancia da rexión na época. Nestas táboas aparece mencionado o nome romano da localidade (Alburnus Maior), así coma a orixe da maioría dos mineiros. As galerías mineiras da época romana aínda poden visitarse hoxe.[4]

Aínda que a explotación mineira de ouro non cesou ao longo da historia, tivo un especial impulso durante a época de María Tareixa I de Austria. Hoxe en día é obxecto dun polémico proxecto mineiro.[5][6]

No Museo da Mina poden verse obxectos de todas as épocas da explotación.

Turismo[editar | editar a fonte]

  • Castrum romano
  • Arquitectura barroca do século XVIII
  • Mina de ouro - visita dalgúns túneles bimilenarios
  • Museo da Mina
  • Festival de música FânFest

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2008. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  2. http://varga.adatbank.transindex.ro/?pg=3&action=etnik&id=4700
  3. "Recensământ 2012: Populaţia stabilă după etnie – judeţe, municipii, oraşe, comune". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  4. (1976) Dicționar de istorie veche a României, Editura Științifică și Enciclopedică p. 27
  5. [https://web.archive.org/web/20070928061850/http://www.truestory.ro/plan_urbanistic/4729_m_puz_15062006_eng.pdf Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. "Plan Urbanistic" (en inglés).
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]