IUCN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede da IUCN en Gland, na Suíza

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), en inglés "The World Conservation Union" ou "International Union for Conservation of Nature and Natural Resources" (IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.

Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.

A misión da IUCN é influenciar, encoraxar e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que todo e calquera uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.

Estas son as Categorías de áreas de Manexo Protexido que existen:

  • Ia - Reserva Estrita da Natureza
Área de terra e/ou mar que posúe algún ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, dispoñíbel primariamente para investigación científica e/ou monitoramento ambiental.
  • Ib - Área Salvaxe
Grande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, a cal é protexida e manexada de modo a preservar a súa condición natural.
  • II - Parque Nacional
Área natural de terra e/ou mar, destinada a:
  1. protexer a integridade ecolóxica de un ou mais ecosistemas para a xeración actual e as futuras;
  2. excluír a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;
  3. fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educacionais, recreativas e de visita, que deben ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.
  • III - Monumento Natural
Área contendo unha, ou mais, características natural/cultural que é de valor significativo ou único debido á súa rareza, calidades representativa ou estética, ou significancia cultural inherente.
  • IV - Área de Manexo de Hábitat/Especie
Área de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.
  • V - Paisaxe/Costa Protexida
Área de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.
  • VI - Área Protexida de Manexo de Recursos
Área que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, embora suplindo ao mesmo tempo un fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]