Ligue 2
| Fundación | 1933 |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 20 |
| Actual campión | Bastia |
| Emisión en TV | Canal+ Orange Sport Eurosport |
| Organizador | Ligue de Football Professionnel |
| Sitio web | www.lfp.fr |
A Ligue 2, anteriormente coñecida como Division 2, é a segunda categoría do campionato de fútbol de Francia e celébrase tódolos anos do mesmo xeito desde 1933 (agás o período entre 1939 e 1945, debido á Segunda Guerra Mundial).
Índice |
Historia [editar]
O campionato de fútbol foi creado en Francia no ano 1894. A imitación do campionato inglés, que creou a súa segunda división en 1892, Francia decide, en 1896, dar marcha ao novo campionato de fútbol. Desde 1933, os equipos que nela quixesen participar, terían que adquirir o status de equipos profesionais, algo que non variaría ata 1970, cando os equipos amateurs puideron volver xogar nesta división. En 1992, de novo foi vetada a participación aos equipos non profesionais, os cales seguen sen poder xogar nesta división. Durante todo ese tempo, a Ligue 2 denominouse D2, nome que cambiou polo actual no ano 2002.
Sistema de competición [editar]
Na Ligue 2 compiten 20 equipos por tempada, normalmente entre agosto e maio, onde cada equipo xoga dúas veces con tódolos contrarios, un encontro no seu estadio e outro no do seu opoñento, facendo un total de 38 xornadas. A derrota supón non sumar puntos, fronte aos 3 que se suman por victoria e 1 por empate. Ao final de cada tempada, os tres primeiros clasificados ascenden á Ligue 1. Pola contra, os tres últimos clasificados descenden ao Championnat National.
Os clubs da Ligue 2 participan na Copa da Liga de Francia, cos clubs da Ligue 1 e os do Championnat National con status profesional.
Palmarés [editar]
| Tempada | Campión | Subcampión |
|---|---|---|
| 1933–34 |
|
|
| 1934–35 | Metz | Valenciennes |
| 1935–36 | Rouen | RC Roubaix |
| 1936–37 | Lens | Valenciennes |
| 1937–38 | Le Havre | Saint-Etienne |
| 1938–39 | Red Star Paris | Stade Rennes |
| 1939–1945 |
|
|
| 1946–47 | Sochaux | Ales |
| 1947–48 | Nice | Colmar |
| 1948–49 | Lens | Bordeaux |
| 1949–50 | Nimes | Le Havre |
| 1950–51 | Lyon | Metz |
| 1951–52 | Stade Francais Paris | Montpellier |
| 1952–53 | Toulouse | Monaco |
| 1953–54 | Lyon | Troyes |
| 1954–55 | Sedan-Torcy | Red Star Paris |
| 1955–56 | Rennes | Angers |
| 1956–57 | Ales | Beziers |
| 1957–58 | Nancy | Rennes |
| 1958–59 | Le Havre | Stade Francais Paris |
| 1959–60 | Grenoble | Nancy |
| 1960–61 | Montpellier | Metz |
| 1961–62 | Grenoble | Valenciennes |
| 1962–63 | Saint-Etienne | Nantes |
| 1963–64 | Lille | Sochaux |
| 1964–65 | Nice | Red Star Paris |
| 1965–66 | Stade Reims | Marseille |
| 1966–67 | AC Ajaccio | Metz |
| 1967–68 | Bastia | Nimes |
| 1968–69 | Angers | Angouleme |
| 1969–70 | Nice | Nancy |
| 1970–1993 |
|
|
| 1993–94 | Nice | Rennes |
| 1994–95 | Marseille | Guingamp |
| 1995–96 | Caen | Marseille |
| 1996–97 | Chateauroux | Toulouse |
| 1997–98 | Nancy | Lorient |
| 1998–99 | Saint-Etienne | Sedan |
| 1999–00 | Lille | Guingamp |
| 2000–01 | Sochaux | Lorient |
| 2001–02 | AC Ajaccio | Strasbourg |
| 2002–03 | Toulouse | Le Mans |
| 2003–04 | Saint-Etienne | Caen |
| 2004–05 | Nancy | Le Mans |
| 2005–06 | Valenciennes | Sedan |
| 2006–07 | Metz | Caen |
| 2007–08 | Le Havre | Nantes |
| 2008–09 | RC Lens | Montpellier HSC |
| 2009–10 | Caen | Brest |
| 2010–11 | Évian | Ajaccio |
| 2011–12 | Bastia | Stade Reims |