Abruñeiro
| Abruñeiro | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Prunus spinosa L. | ||||||||||||
O abruñeiro ou escambrón [1](Prunus spinosa) é un arbusto espiñento da familia das rosaceae. Nativo de Europa, Asia e norte de África. Chega ata os catro metros de altura e medra formando abruñedos (ou abruñais), chegando a ser ás veces tan densas que impiden o paso.
As follas son pequenas (2 a 4 cm.), de cor verde apagada, o extremo en forma de punta e as beiras dentadas; son peludas nos nervos do envés.
As flores son hermafroditas e aparecen soas ou en pares, antes que as follas. Son brancas e o cáliz e corola constan de cinco pezas; contan con numerosos estames e un ovario cun estilo.
O froito, denomidado abruño, é unha drupa globosa, azul escura ou negra de 1 a 1,5 cm. Utilízase en marmeladas e fermentado produce o viño da abruñeira; macerado en augardente produce un licor denomidado en Navarra pacharán.
En Galiza é común en zonas de baixa e media altitude, formando sebes e en bosques illados. As especies silvestres reciben tamén o nome de espiño, ameixeira brava e escambroeira. O nome de ameixeira brava tamén se lle dá ao Prunus domestica subsp. insititia, especie coa cal é doado confundir o abruñeiro.
Notas [editar]
- ↑ Recibe tamén os nomes de abruñeira, abruño e ambruñeiro: Dicionario de sinónimos da lingua galega, Galaxia, 1996