Antonio Benito Fandiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Benito Fandiño Martínez, nado en Albixoi (Mesía) en 1779 e falecido en Valladolid en 1831, foi un destacado liberal e escritor en lingua galega.

Traxectoria [editar]

Nado no seo dunha familia afidalgada, levou unha vida axitada e turbulenta, debido á súa ideoloxía política. Debido ao seu desacordo coas autoridades civís e eclesiásticas, Fandiño comezou a colaborar con medios de difusión liberal, o cal lle custou varias estadías na cadea.

Durante a primeira delas (1810-1814) escribiu A Casamenteira (1812), a primeira obra teatral do século XIX conservada. A partir de 1820, dirixiu El Heráclito Español y Demócrito Gallego. Colaborou tamén en Gazeta Marcial y Política de Santiago e Diario Cívico-Patriótico. Fandiño foi moi perseguido a partir do cambio político de 1823, máis tarde foi condenado a traballos forzados no canal de Castela e faleceu en 1831 mentres cumpría presidio en Valladolid.

En 1849, celebrouse unha homenaxe na súa honra en Ourense, con motivo do cal se publicou A Casamenteira.

Segundo Ricardo Carvalho Calero, Fandiño é tamén autor do Villancico que en la nochebuena del año 1812 cantaron los presos de la cárcel pública de Santiago (en castelán), unha Alborada, unha Moiñeyra e mais un Alalá (en galego).

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]