Jane Goodall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jane Goodall en 2004

Jane Goodall, nada en Londres o 3 de abril de 1934, é unha primatóloga, etóloga e antropóloga británica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o comportamento social e familiar dos chimpancés no Gombe National Park en Tanzania. Fixo o recoñecemento da aprendizaxe social, o pensamento, actividade e cultura dos chimpancés salvaxes, a súa diferenciación dos bonobos e a inclusión de ambas especies co gorila como homínidos.

Unha das súas maiores contribucións á primatoloxía foi o descubrimento do uso de ferramentas polos chimpancés: observou que algúns exemplares introducían ramiñas nos furados dos termiteiros, co que algunhas termitas agarraban o pau coas súas mandíbulas e ó retirar o pau podían ser comidas polo animal.

No seu método de estudo dos primates introduciu unha compoñente humana nomeando os animais en troques de asignarlles un número, práctica habitual ata entón.

No ano 2003 foi recoñecida co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]