Bujumbura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 3°23′S 29°22′E / 3.383°S 29.367°E / -3.383; 29.367

Bujumbura
BujumburaFromCathedral.jpg
Centro da cidade, co lago Tanganica ó fondo.
Situación xeográfica
Bujumbura en Burundi
Bujumbura
Bujumbura
País Burundi Burundi
Provincia Bujumbura Mairie
Xeografía
Altitude 774 msnm
Superficie 86,52 km²
Poboación
Poboación 497.166 hab. (2008)
Densidade 2.720,6 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

Bujumbura, cidade cunha poboación estimada 330.504 habitantes (2005), é a capital do estado africano de Burundi e da Provincia de Bujumbura Mairie, en África centro-oriental. A cidade está situada ás beiras do Lago Tanganica e é a maior aglomeración do país, ademais do seu centro administrativo, económico e de comunicacións. A súa área metropolitana abranxía 901.345 habitantes en 2005.

Urbanismo[editar | editar a fonte]

O centro da cidade posúe as trazas dunha cidade colonial con un grande mercado, o estado nacional, unha grande mezquita e a sé catedral da arquidiocese de Bujumbura.

Hai varios museos, dos que compre salientar o Museo da Vida e o Museo Xeolóxico. Outras atraccións, xa nos arredores, son: o Parque Nacional Rusizi, o Monumento a Livingstone e Stanley en Mugere e as fontes do tributario máis meridional do Nilo, que os locais sinalan como nacemento mesmo dese magno río.

Bujumbura está dotada de praias excelentes sobre o lago Tanganica.

Historia[editar | editar a fonte]

Bujumbura deixou de ser unha pequena aldea, cando se tornou nun asentamento militar da África Oriental Alemana no ano 1889. Desois da primeira guerra mondial converteuse no centro administrativo do mandato belga da Sociedade de Nacións en Ruanda-Urundi. O nome da cidade foi cambiado de Usumbura a Bujumbura cando Burundi conseguíu ser independente en 1962. Desde a indipendenza, Bujumbura ten sido escenario de frecuentes combates entre os dous principais grupos étnicos do país, con milicias hutus que se opoñen ao exército de Burundi, dominado polos tutsis.

Economía[editar | editar a fonte]

Mercado en Bujumbura

Bujumbura é o porto máis importante del Burundi e embarca a maior parte dos principais produtos de exportación do país, como café, algodón, coiros e mineral de estaño. A súa industria produce cementos, tecidos e xabóns.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Un ferryboat une Bujumbura con Kigoma en Tanzania, a través do lago Tanganica. A estrada, ou mellor pista, con 1.500 km de lonxitude, que a liga con Nairobi, Kenya, é a vía terrestre máis transitada, e por onde sae a maior parte dos produtos de exportación. Ademais posúe o Aeroporto Internacional de Bujumbura.

Educación[editar | editar a fonte]

A cidade e sede da Universidade de Bujumbura, fundada en 1960.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bujumbura
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Bujumbura

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]