Takamatsu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Takamatsu na prefectura de Kagawa | |||
| Localización da prefectura de Kagawa no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Illa de Shikoku | ||
| Rexión | Rexión de Shikoku | ||
| Prefectura | Prefectura de Kagawa | ||
| Superficie | 375,11 km² | ||
| Poboación | 418.688 (2009) | ||
| Densidade | 1.120 hab./km² | ||
| Alcalde | Hideto Ōnishi | ||
Takamatsu (高松市, たかまつし, Takamatsu-shi) é un concello da prefectura de Kagawa no Xapón e capital da súa prefectura. Está situado no centro da rexión de Shikoku e da prefectura, na illa de Shikoku. Ten 375,11 km² de superficie e unha poboación de 418.688 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.120 hab./km². É a segunda cidade máis poboada de Shikoku, despois de Matsuyama.
O concello de Takamatsu limita pola terra cos concellos de Sakaide, de Ayagawa, de Miki, de Sanuki (son da prefectura de Kagawa); e de Mima (da prefectura de Tokushima).
Índice |
Turismo e lugar de interés [editar]
- Peregrinaxe de Shikoku (四国八十八箇所, しこくはちじゅうはっかしょ, Shikoku hachijū hakkasyo) - É moi coñecida e popular pereginaxe no Xapón, tamén chámase Ohenro e Shikoku junrei, a peregrinaxe de 88 templos de Shikoku. Dentro de Takamatsu hai 5 templos.
- Nº 80 - Kokubun-ji (国分寺, こくぶんじ)
- Nº 82 - Negoro-ji (根香寺, ねごろじ)
- Nº 83 - Ichinomiya-ji (一宮寺, いちのみやじ)
- Nº 84 - Yashima-ji (屋島寺, やしまじ)
- Nº 85 - Yakuri-ji (八栗寺, やくりじ)
Universidades [editar]
Cidades irmandadas [editar]
San Petersburgo, Florida, EUA (1961)
Tours, Francia (1988)
Personaxes de sona [editar]
- Kan Kikuchi (菊池 寛, きくち かん, 1888 - 1948) - Foi escritor, xornalista e fundador de editorial Bungeishunjū.