Estadio Olímpico de Toquio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Olímpico de Toquio
Datos
LocalizaciónToquio, Xapón
Construción
Inauguración1958
Renovación2015
ArquitectoMitsuo Katayama
Zaha Hadid (reconstrución do 2019)
Custo100 millóns de $ (reconstrución do 2019)
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 68
Capacidade57.363
PropietarioConcello de Estocolmo
LocalíaSelección de fútbol do Xapón
Selección de fútbol do Xapón feminina
Eventos

O Estadio Olímpico de Toquio (en xaponés: 国立霞ヶ丘陸上競技場 Kokuritsu Kasumigaoka Rikujo Kyogijo) ou Estadio Nacional do Xapón é un estadio polideportivo localizado en Toquio, na capital do Xapón. Inaugurouse no ano 1958 para ser a sede central dos Xogos Olímpicos de 1964 e actualmente conta cunha capacidade duns 57.000 espectadores.

Prevese que o actual estadio inaugurado en 1958, sexa demolido neste ano 2015 para reconstruílo como Novo Estadio Olímpico de Toquio. Este novo estadio faise para albergar a Copa do Mundo de Rugby 2019 e para acoller tamén os Xogos Olímpicos de 2020.

Eventos[editar | editar a fonte]

No pasado, este estadio acolleu os Xogos Olímpicos e Paralímpicos do 1964. Tamén se disputaron os Xogos Asiáticos de 1958 e o Campionato do Mundo de Atletismo 1991. Dende o 1980 até o 2001, xogouse aquí a Copa Intercontinental de Fútbol. A maiores, aquí xóganse as finais da Copa do Emperador e da Supercopa xaponesa. No futuro Novo Estadio Olímpico de Toquio disputarase a Copa do Mundo de Rugby 2019 e os Xogos Olímpicos de 2020.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]