Gorila
| Gorila | ||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||||
| Estado de conservación | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||||
| Gorilla gorilla Gorilla graori Gorilla beringei |
||||||||||||||
O gorila (Gorilla gorilla) é o maior dos primates, un herbívoro que habita os bosques de África central. Este primate corpulento é o segundo relacionado co ser humano despois do chimpancé.
Existen tres subespecies xeralmente recoñecidas:
- Gorilla gorilla gorilla, o gorila da chaira occidental.
- Gorilla gorilla graori, o gorila da chaira oriental.
- Gorilla gorilla beringei, o gorila de montaña.
Ás veces, non obstante, poden tratarse como dúas especies distintas: G. gorilla (gorila da chaira occidental) e G. beringei, que incluiría o de montaña e o da chaira oriental, dándoselle o nome xenérico de "gorila oriental".
Os gorilas desprázanse xeralmente a catro patas. As súas extremidades anteriores son máis longas que as posteriores e aseméllanse a brazos, aínda que son utilizadas tamén como punto de apoio ao camiñar. Os machos miden entre 1,65 e 2 m de altura, e pesan entre 170 e 250 kg. As femias pesan arredor da metade do que os machos.
O gorila é unha especie en perigo e foi branco de cazadores furtivos durante longos períodos de tempo. As ameazas á supervivencia dos gorilas inclúen a destrución do seu hábitat e a cacería. Esta última incrementouse cos conflitos armados nos países en que habita, e tamén por un crecente interese polas "carnes exóticas".
Copito de nieve foi o único caso de gorila albino que se deu até a data. Calcúlase que naceu sobre 1964 e faleceu en Barcelona en 2003.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ano do Gorila, promovido polo Programa de Nacións Unidas para o Medioambiente (PNUMA).
