Michael Gambon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Gambon
Nacemento19 de outubro de 1940
LugarDublín
Falecemento27 de setembro de 2023
LugarWitham
Causapneumonía
NacionalidadeIrlanda e Reino Unido
Educado enRoyal Academy of Dramatic Art e St Aloysius RC College
Cónxuxe(s)Anne Miller
Profesiónactor de dobraxe, actor de teatro, actor de cinema, actor de televisión e actor
Na rede
IMDB: nm0002091 Allocine: 11850 Rottentomatoes: celebrity/michael_gambon Allmovie: p25729 TCM: 68056 Metacritic: person/michael-gambon IBDB: 41719
Musicbrainz: 71d7f8ff-305d-478e-8ca9-dc6ef1f37aa8 Discogs: 236184 WikiTree: Gambon-20 Find a Grave: 260130175 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sir Michael John Gambon, OBE, nado en Dublín, Irlanda, o 19 de outubro de 1940 e finado en Witham o 27 de setembro de 2023, foi un actor británico de orixe irlandesa[1] que traballou no teatro, televisión e no cine. É un actor moi respectado e prolífico no teatro, pero é recoñecido internacionalmente polo seu papel como Philip Marlow da serie de televisión da BBC, The Singing Detective e por encarnar a Albus Dumbledore nos filmes de Harry Potter, en substitución do xa falecido actor Richard Harris.

Gañador de catro premios BAFTA e tres premios Laurence Olivier e nomeado tamén ós Globos de Ouro, ós Emmy e ós Premios Tony. A súa carreira abrangue case 5 décadas e inclúe unha gran variedade de papeis de teatro, televisión e cine.

En 1998, a raíña Sabela II nomeouno coa Orde do Imperio Británico. En 2020, apareceu no posto 28 da lista de mellores actores irlandeses segundo The Irish Times.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gambon naceu o 19 de outubro de 1940[3] en Cabra, un suburbio ó norte de Dublín, durante a segunda guerra mundial.[4] O seu pai, Edward Gambon, un enxeñeiro,[5] decidiu procurar traballo na reconstrución de Londres, e así Gambon e a súa nai, Mary Gambon (Hoare de solteira), unha costureira, trasladáronse a Mornington Crescent, ó norte de Londres, cando Gambon tiña só 5 anos.

Adquiriu a Cidadanía Británica por orde do seu pai e recibiu unha estrita educación católica.[6] Anos máis tarde asistiu a unha escola de Kent, antes de deixar os estudos ós 15 anos.[7] Gañou unha bolsa con Vickers Armstrong para ser enxeñeiro e así seguir as pegadas do seu pai. O tempo dedicado foi até os dezasete anos, mais logrou ser un enxeñeiro plenamente cualificado, aínda que só mantivo o posto de traballo dous anos, xa que se sentía atraído pola interpretación.

Comezos[editar | editar a fonte]

Á idade de dezanove anos graduouse na Royal Academy of Dramatic Art (RADA), en Londres e máis tarde incorporouse á compañía de teatro de Kings Cross. Cinco anos máis tarde, escribiu unha carta a Michael MacLiammoir, o empresario irlandés do Gate Theatre, en Dublín, para facer alí as súas primeiras representacións.

Fixo o seu debut profesional en 1962, con Otelo (a súa obra predilecta), comezando despois unha xira por Europa. Un ano máis tarde, fixo o seu primeiro papel protagonista en Ricardo III. Sir Laurence Olivier, tras asistir á representación de Ricardo III, ofreceulle a oportunidade de ser un dos oito membros fundadores do novo Royal National Theatre, en Londres, coñecido entón como Olivier Theatre.

Gambon foi contratado para tomar parte en diversas producións. A máis coñecida e premiada foi Hamlet, dirixida por Olivier e protagonizada por Peter O´Toole. Permaneceu durante catro anos como secundario e protagonista en moitas producións de teatro, algunhas delas coa colaboración de grandes directores como William Gakill e John Dexter. Durante eses anos fixo numerosos papeis en obras do director Alan Ayckbourn.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Está considerado como un dos mellores actores do teatro británico aínda que tamén é un prolífico actor de cine e televisión. A causa do falecemento de Richard Harris no 2002, Michael Gambon foi convocado para encarnar ó mago Albus Dumbledore a pesar de que recoñeceu que non lera ningún dos libros da saga e que só tiña en conta os guións para a súa interpretación, xa que: "Non quería ser como eses actores que se queixan porque as súas escenas son máis curtas que na historia orixinal":

Gambon tamén compuxo ó director de Hogwarts cun leve acento irlandés que tanto el como o realizador consideran un tributo ó seu antecesor, que era orixinario de Irlanda.

Obra[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Figura de cera de Michael Gambon como o personaxe de Albus Dumbledore.
Ano Título Personaxe Notas
1965 Othello Company
1973 Nothing but the Night Inspector Grant
1974 The Beast Must Die Jan Jarmokowski
1985 Turtle Diary George Fairbairn
1988 Paris by Night Gerald Paige
Missing Link Narrador (voz)
1989 The Rachel Papers Doutor Knowd
Unha árida estación branca Maxistrado
The Cook, the Thief, His Wife & Her Lover Albert Spica
1991 Mobsters Salvatore Maranzano
1992 Toys Xeneral Leland Zevo
1994 A Man of No Importance Ivor J. Garney
Clean Slate Philip Cornell
Squanto: A Warrior's Tale Sir George
The Browning Version Doutor Frobisher
1995 Bullet to Beijing Alex
Two Deaths Daniel Pavenic
Nothing Personal Leonard
Midnight in Saint Petersburg Alex
1996 Mary Reilly Mr. Reilly
The Innocent Sleep Det. Insp. Matheson
1997 The Gambler Fiódor Dostoievski
The Wings of the Dove Lionel Croy
1998 Dancing at Lughnasa Padre Jack Mundy
Plunkett & Macleane Lord Gibson
1999 A Monkey's Tale Master Martin (voz)
Dead on Time Maurice
The Insider Thomas Sandefur
The Last September Sir Richard Naylor
Sleepy Hollow Baltus Van Tassel
2001 Gosford Park Sir William McCordle
Charlotte Gray Levade
High Heels and Low Lifes Kerrigan
Christmas Carol: The Movie Pantasma do Nadal (voz)
2002 Ali G Indahouse Primeiro Ministro
2003 Little Wolf's Book of Badness Tío Bigbad (voz)
The Actors Barreller
Open Range Denton Baxter
Sylvia Professor Thomas
Deep Blue Narrador Documental
2004 Standing Room Only Larry
Being Julia Jimmie Langton
Sky Captain and the World of Tomorrow Morris Paley
Layer Cake Eddie Temple
The Life Aquatic with Steve Zissou Oseary Drakoulias
Harry Potter e o preso de Azkaban Profesor Albus Dumbledore
2005 Harry Potter e o Cáliz de fogo
Stories of Lost Souls: "Standing Room Only" Larry
2006 The Omen Bugenhagen
The Good Shepherd Dr. Fredericks
John Duffy's Brother Narrador (voz)
Amazing Grace Charles Fox
2007 The Good Night Alan Weigert
The Baker Leo
The Alps Narrador Documental
Harry Potter e a Orde do Fénix Profesor Albus Dumbledore
2008 Brideshead Revisited Lord Marchmain
2009 Harry Potter e o misterio do príncipe Profesor Albus Dumbledore
Fantastic Mr. Fox Franklin Bean (voz)
2010 The Book of Eli George
The King's Speech Xurxo V do Reino Unido
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) Profesor Albus Dumbledore Cameo
2011 Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)
2012 Quartet Cedric Livingstone
2014 Unity Narrador Documental
Paddington Tío Pastuzo (voz)
2016 Dad's Army Godfrey
Hail, Caesar! Narrador (voz)[8][9]
2017 Viceroy's House Pug Ismay
Mad to Be Normal Sydney Kotok
Victoria & Abdul Lord Salisbury
Kingsman: The Golden Circle Sir Giles / Arthur
Paddington 2 Tío Pastuzo (voz)
2018 The Last Witness Frank Hamilton
King of Thieves Billy "The Fish" Lincoln
The Death & Life of John F. Donovan Home nun restaurante e narrador (voz)
Johnny English Strikes Again Axente Five Cameo
2019 Judy Bernard Delfont
Cordelia Moses

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1967 Much Ado About Nothing Watchman No. 4 Telefilme, BBC
Softly, Softly Pete Lucas Episodio: Appointment in Wyvern
1967–1978 Play of the Month Varios personaxes 5 episodios
1968 Public Eye Descoñecido Episodio: "Have Mud, Will Throw"
1969 Fraud Squad Rex Lucien Episodio: "Last Exit to Leichstenstein"
1968–1970 The Borderers Gavin Ker 26 episodios
1970 Confession Mr. Tennent Episodio: "People Who Visit Glass Houses"
1971 Eyeless in Gaza Mark Staithes 5 episodios
1972 The Challengers John Killane 5 episodios
The Man Outside Ralph Kenward Episodio: "Cuculus Canorus"
Softly, Softly: Task Force Cranley Episodio: "Welcome to the Club"
Kate Edward Episodio: "A Fact of Life"
1973 Menace Ellis Episodio: "Judas Goat"
A Picture of Katherine Mansfield Harry Episodio "#1.5"
Special Branch Muller Episodio: "Hostage"
Arthur of the Britons Roland Episodio: "The Prisoner"
Six Days of Justice Mr. Golding Episodio: "Stranger in Paradise"
ITV Saturday Night Theatre Irmán Kevin Episodio: "Catholics"
Orson Welles Great Mysteries Rolfe Episodio: "An Affair of Honour"
1974 Zodiac Reuben Keiser Episodio: "The Cool Aquarian"
Masquerade Stewart Episodio: "May We Come In?"
1975 The Secret Agent Tom Ossipon Telefilme, BBC
1976 Centre Play Edith Harrison Episodio: "In the Labyrinth"
1972–1976 Play for Today Varios personaxes 3 episodios
1977 ITV Sunday Night Drama Varios personaxes 2 episodios
1978 Premiere Kenny Episodio: "One of These Nights I'm Gonna Get an Early Day"
1977–1979 The Other One Brian Bryant 13 episodios
1979 Chalk and Cheese Descoñecido Descoñecidos
1980 Tales of the Unexpected Andrew Episodio: "The Umbrella Man"
1982 ITV Playhouse Descoñecido Episodio: "The Breadwinner"
La ronde Descoñecido Telefilme, BBC
1985 Absurd Person Singular Geoffrey Jackson Telefilme, BBC
Oscar Oscar Wilde Miniserie de televisión
Tropical Moon Over Dorking Bill Telefilme, BBC
1986 The Singing Detective Philip Marlowe 6 episodios
1987 Bergerac Jarvis McLeod Episodio: "Winner Takes All"
Theatre Night Pastor Manders Episodio: Ghosts
1988 Mountain Language Sarxento Telefilme, BBC
1989 The Heat of the Day Harrison Telefilme
The Jim Henson Hour Ultragorgon (voz) Episodio: Monster Maker
About Face Trevor Episodio: "Searching for Señor Duende"
1990 Blood Royal: William the Conqueror Guillerme I de Inglaterra Telefilme
1991 The Storyteller: Greek Myths O contacontos 4 episodios
Minder Tommy Hanbury Episodio: "Guess Who's Coming to Pinner?"
1992–1993 Maigret Comisario Maigret 12 episodios
1993 Performance Archie Rice Episodio: "The Entertainer"
1994 Faith Peter John Moreton Miniserie de televisión
1995 The Wind in the Willows Badger (voz) Telefilme
1996 Expert Witness Presentador / Narrador
Sansón e Dalila Rei Hanun Miniserie de televisión
1999 Wives and Daughters Squire Hamley Miniserie de televisión, BBC
2000 Longitude John Harrison Telefilme, A&E
Endgame Hamm Telefilme, BBC
2001 Perfect Strangers Raymond Miniserie de televisión, BBC
2002 Path to War Lyndon B. Johnson Telefilme, HBO
Top Gear Convidado Serie 1: episodio 8
2003 The Lost Prince Eduardo VII do Reino Unido Telefilme, BBC
Angels in America Prior Walter Ancestor Miniserie de televisión, HBO
2006 Top Gear Convidado Serie 8: episodio 5
Celebration Lambert Telefilme
2007 Joe's Palace Elliot Graham Telefilme, BBC
Cranford Mr. Holbrook 2 episodios
2009 Kröd Mändoon and the Flaming Sword of Fire Narrador Episodio: "Wench Trouble"
Emma Mr. Woodhouse Miniserie de televisión
2010 Doutor Who Kazran / Elliot Sardick Especial de Nadal: "A Christmas Carol"[10]
2011 Comic Relief: Uptown Downstairs Abbey Narrador Sen creditar
Page Eight Benedict Baron Telefilme, PBS
2012 Luck Michael "Mike" Smythe Miniserie, HBO
Restless Baron Mansfield Miniserie, PBS
2013 National Theatre Live: 50 Years On Stage El mesmo Especial ao vivo; PBS
Lucan John Burke (vello) Miniserie, ITV
2014 Quirke Xuíz Garret Griffin 3 episodios
Common Xuíz Telefilme, BBC
On Angel Wings Avó (voz) Curtametraxe
2015 The Casual Vacancy Howard Mollison Miniserie, HBO[11]
2016 Churchill's Secret Winston Churchill Telefilme, PBS
The Hollow Crown: Henry VI, Part I Mortimer Miniserie, BBC
2017 Fearless Sir Alastair McKinnon Miniserie, ITV
Little Women Mr. Laurence Miniserie de televisión, PBS
2015–2019 Fortitude Henry Tyson 10 episodios

Videoxogos[editar | editar a fonte]

Data Título Personaxe (voz)
2003 Ghosthunter Lord William Hawksmoor
2014 The Elder Scrolls Online O profeta / Varen Aquilarios[12]
2015 The Elder Scrolls Online: Orsinium Varen Aquilarios
2017 The Elder Scrolls Online: Morrowind O profeta
2018 Harry Potter: Hogwarts Mystery Profesor Albus Dumbledore
2018 The Elder Scrolls Online: Summerset O profeta
2019 The Elder Scrolls Online: Elsweyr O profeta
2020 The Elder Scrolls Online: Greymoor O profeta
2021 The Elder Scrolls Online: Blackwood O profeta

Notas[editar | editar a fonte]

  1. I suppose I can't get away from it, I'm English, aren't I? Arquivado 06 de agosto de 2022 en Wayback Machine., theartsdesk Q&A: Actor Michael Gambon, 21 de decembro de 2020
  2. Clarke, Donald; Brady, Tara (13 de xuño de 2020). "The 50 greatest Irish film actors of all time – in order". The Irish Times. Consultado o 1 de xaneiro de 2022. 
  3. "MICHAEL GAMBON BIOGRAPHY". Tiscali.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2019. 
  4. "Man from Cabra all right on the Knight". The Irish Times. Consultado o 26 de decembro de 2019. 
  5. "Michael Gambon Biography". filmreference. 2008. Consultado o 22 de xaneiro de 2009. 
  6. Wills, Dominic. "Michael Gambon - Biography". TalkTalk Group. Consultado o 22 de xuño de 2010. 
  7. "Surnames beginning with G". bexley.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  8. Rothkopf, Joshua (3 de febreiro de 2016). "Hail, Caesar! [review]". Time Out New York. Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  9. Vishnevetsky, Ignatiy (4 de febreiro de 2016). "The Coens swipe at religion, counterculture, and Hollywood in Hail, Caesar!". The A.V. Club. Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  10. Dowell, Ben (12 de xullo de 2010). "Katherine Jenkins to star in Doctor Who Christmas special". The Guardian (Londres). 
  11. Deans, Jason. "BBC adaptation of Casual Vacancy to star Michael Gambon". The Guardian. 
  12. "Bethesda Teases Us With a Trailer For 'The Elder Scrolls Online'". MTV Multiplayer. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]