Devon Murray
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Devon Murray | |
|---|---|
Murray no London Film and Comic Con no 2011. |
|
| Nacemento | Devon Michael Murray 28 de outubro de 1988 Maynooth, Condado de Kildare, |
| Profesión | Actor |
| Ficha na IMDb | |
Devon Michael Murray, nado o 28 de outubro de 1988 en Maynooth, Condado de Kildare, é un actor irlandés coñecido por interpretar a Seamus Finnigan nos filmes de Harry Potter.
Índice |
[editar] Traxectoria
Anteriormente a Harry Potter, Murray xa fixera papeis como o de Christy en This is My Father, Malachy en Angela's Ashes e Geoffrey en Yesterday's Children. Dende o ano 2001 apareceu nos oito filmes da saga de Harry Potter.[1] Como anécdota, o seu compañeiro de reparto, Daniel Radcliffe, revelou no DVD especial de Harry Potter e a Orde do Fénix que Murray tiña o récord de crebar o maior número de variñas de reposto durante o transcurso da gravación dun só filme (dez en total).
[editar] Filmografía
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)