Neville Longbottom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neville Longbottom é un personaxe da saga Harry Potter, escrita pola británica J. K. Rowling. É o fillo duns importantes aurores que foron torturados no pasado polos devoradores da morte ata que os deixaron tolos para o resto dos seus días. Neville ten fama de alumno despistado e zoupón pero a realidade non é así.

Neville é un membro da casa Gryffindor en Hogwarts, e a valentía e a coraxe, xunto coa nobleza de corazón son as calidades que un meigo debe ter para entrar nesa casa. Neville é valente e iso demóstrase no último libro onde el é o encargado de librarse dos devoradores da morte que lord Voldemort enviou ó castelo de Hogwarts para a batalla final. Neville é capaz de probarse a si mesmo e de facerlle ver á súa avoa (coa que vive) que el pode e vale o mesmo ou máis que calquera Gryffindor.