Robert Pattinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Pattinson
Robert Pattinson 2011.jpg
Pattinson no 2011 na estrea deWater for Elephants
Nacemento Robert Douglas Thomas Pattinson
13 de maio de 1986
Londres, Inglaterra Inglaterra
Profesión Actor, modelo, músico, produtor de cine
Ficha na IMDb

Robert Douglas Thomas Pattinson, nado en Londres o 13 de maio de 1986, é un actor, modelo e músico inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai era modelo dunha axencia e seu pai era importador de automóbiles norteamericanos. Comezou actuando no teatro afeccionado ós 15 anos na Barnes Theatre Company. Realizou unha versión amateur de Macbeth no Old Sorting Office Art Centre e entre os 12 e os 16 anos foi tamén modelo.

Coñecido polo seu papel de Edward Cullen no filme Twilight, adaptación da novela homónima de Stephenie Meyer e polo papel de Cedric Diggory en Harry Potter e o Cáliz de fogo, o cuarto filme na serie inspirada nos libros de J. K. Rowling.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
2004 Vanity Fair Rawdy Crawley
2004 Dark Kingdom: The Dragon King Giselher Telefilme
2005 Harry Potter e o Cáliz de fogo Cedric Diggory
2006 The Haunted Airman Toby Jugg Telefilme
2007 The Bad Mother's Handbook Daniel Gale Telefilme
2007 Harry Potter e a Orde do Fénix Cedric Diggory
2008 How to Be Art
2008 Twilight Edward Cullen
2009 Little Ashes Salvador Dalí
2009 The Twilight Saga: New Moon Edward Cullen
2010 Remember Me Tyler Hawkins Tamén produtor executivo
2010 The Twilight Saga: Eclipse Edward Cullen
2011 Water for Elephants Jacob Jankowski
2011 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1 Edward Cullen
2012 Bel Ami Georges Duroy
2012 Cosmopolis Eric Packer
2012 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 Edward Cullen
2013 The Rover Reynolds
2013 Queen of the Desert T.E. Lawrence
2013 Mission:Blacklist Eric Maddox
2013 Maps to the Stars Jerome
2013 Hold on to Me Jimmy

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]