Guy Fawkes
Guy Fawkes, nado en York en 1570 e finado o 31 de xaneiro de 1606, foi un conspirador inglés, fillo dun notario de York, que serviu no exército español dos Países Baixos.
Traxectoria [editar]
Ao volver ao seu país formou parte dunha conspiración dirixida por Robert Catesby e Percy, co obxectivo de facer voar o Parlamento mediante explosivos situados na base do edificio, e que Fawkes tiña que facer estoupar cando os parlamentarios estivesen reunidos.
Arrestado o 5 de novembro de 1605, declarou que quería dinamitar o Parlamento para acabar coas persecucións relixiosas. Negouse a denunciar os seus cómplices e subiu ao cadafalso con afouteza.
Desde entón, o 5 de novembro, celébrase en toda Inglaterra a Bonfire Night (a noite das fogueiras) onde se simula que se queima a Guy Fawkes.
Na súa persoa está baseado V, o home enmascarado do cómic V de Vendetta creado por Alan Moore.