William Harrison Ainsworth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caricatura de William Harrison Ainsworth

William Harrison Ainsworth, nado en Manchester en 1805 e finado en Reigate en 1882, foi un escritor británico. Cultivou o xénero histórico, publicou máis de 40 novelas. Influíu na escrita de Charles Dickens.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xa na súa adolescencia comeza a escribir melodramas e obras de teatro gótico que se representan nun pequeno teatro local, e escribe relatos para varias revistas: London Magazine, Pocket Magazine, Edinburgh Magazine, New Monthly Magazine e European Magazine, atendendo os desexos de seu pai comeza a estudar dereito, carreira que axiña deixa para se inserir na vida literaria e social londinense

En 1826 coa novela Sir John Chiverton fíxose tan popular que o mesmo Walter Scott mostra interese polo autor.

En 1834 o inmenso éxito de Rookwood, baseado nas aventuras de Dick Turpin, permitiulle unha ampla independencia económica.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Contos[editar | editar a fonte]

  • The Spectre Bride (1821)
  • The Elixir of Life (1845)
  • The Lancashire Witches (excerpt) (1849)