T. S. Eliot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Thomas Stearns Eliot»)
T. S. Eliot
Nome completoThomas Stearns Eliot
Nacemento26 de setembro de 1888
 St. Louis, Missouri, Estados Unidos
Falecemento4 de xaneiro de 1965 (76 anos)
 Londres, Inglaterra
CausaEnfisema pulmonar
SoterradoChurch of Saint Michael
NacionalidadeEstados Unidos de América e Reino Unido
RelixiónUnitarismo e anglocatolicismo
Alma máterUniversidade de París, Universidade Harvard, Merton College, Milton Academy, Harvard College e Eliot House
Ocupacióndramaturgo, poeta, ensaísta, crítico literario, social critic, escritor de contos, profesor universitario, guionista, letrista, escritor de literatura infantil, xornalista e crítico
PaiHenry Ware Eliot
NaiCharlotte Champe Stearns Eliot
CónxuxeVivienne Haigh-Wood Eliot e Valerie Eliot
IrmánsHenry Ware Eliot, Ada Eliot Sheffield, Marian Cushing Eliot, Margaret Dawes Eliot, Theodora Sterling Eliot e Charlotte Eliot
Xénerospoesía, dramaturxía
Coñecido/a porA terra baldía e Four Quartets
PremiosPremio Nobel de Literatura, Medalla Presidencial da Liberdade, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Emerson-Thoreau Medal, Laurence Olivier Award for Best New Musical, Tony Award for Best Original Score, Tony Award de Melhor Libreto de Musical, Oficial da Lexión de Honra, Pour le Mérite, Ordem de Mérito e Comendador das Artes e as Letras
Na rede
IMDB: nm0253672 TV.com: people/t-s-eliot IBDB: 8808
Bitraga: 844 Dialnet: 158575 iTunes: 206217952 Musicbrainz: ae90c453-e8ed-4fb7-9d27-35b81fd0fdac Discogs: 515778 WikiTree: Eliot-187 Find a Grave: 1631 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Thomas Stearns Eliot, nado o 26 de setembro de 1888 e finado o 4 de xaneiro de 1965, foi un poeta, dramaturgo e crítico literario norteamericano. As súas obras considéranse parte do canon literario do século XX. Premio Nobel de Literatura 1948.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en St. Louis, Missouri, Estados Unidos. O seu pai, Henry Ware Eliot, dedicábase ós negocios e á banca. A súa nai, Charlotte Champe Stearns, tiña afeccións literarias, chegando a publicar algún libro.

Estudou na Smith Academy de St. Louis desde 1898 ata 1905. Pronto destacou en tódalas materias, desde o latín á física. En 1906 ingresou na Universidade Harvard, onde estudou grego, literatura inglesa, alemán, historia medieval e historia da arte.

Publicou poesía na revista da universidade. Interesouse polos poetas simbolistas franceses (Rimbaud, Verlaine, Tristan Corbière, Jules Laforgue etc.). Baixo este influxo, marchou a París en 1909, onde asistiu ás clases de Henri Bergson e Alain Fournier. Estudou tamén en profundidade a Dante e a John Donne, poeta metafísico inglés. Viaxou a Múnic e Italia. En 1911 volveu a Harvard e doutorouse en filosofía cunha tese sobre F. H. Bradley e o seu "coñecemento e experiencia". Tamén lle interesou a filosofía e a filoloxía hinduísta e o budismo.

En Harvard foi profesor axudante de filosofía. Coñeceu a Bertrand Russell, que acudiu como visitante a esa universidade, e este xúlgao o seu mellor alumno. Marchou cunha bolsa de estudos á Universidade de Marburg (Alemaña), pero, ante o inicio da guerra, fuxiu do país, trasladándose a Londres, onde coñeceu a Ezra Pound, que o introduciu no ambiente literario inglés. Neses anos coñece tamén a Virginia Woolf e o seu home, e ao novelista James Joyce, ao que admira. En 1927 adoptou a nacionalidade británica e converteuse ao anglicanismo.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesia[editar | editar a fonte]

  • 1917: Prufrock and Other Observations
  • 1920: Poems
  • 1922: A terra baldía (The Waste Land)
  • 1925: The Hollow Men
  • 1927-1954: Ariel poems, onde inclúese poema "The Journey of the Magi"
  • 1930: Ash Wednesday
  • 1931: Coriolan
  • 1939: Old Possum's Book of Practical Cats
  • 1939: "The Marching Song of the Pollicle Dogs" e "Billy M'Caw: The Remarkable Parrot", na obra común The Queen's Book of the Red Cross
  • 1945: Four Quartets

Teatro[editar | editar a fonte]

  • 1926: Sweeney Agonistes, representada o 1934
  • 1934: The Rock
  • 1935: Murder in the Cathedral
  • 1939: The Family Reunion
  • 1949: The Cocktail Party
  • 1954: The Confidential Clerk
  • 1959: The Elder Statesman, representada o 1958

Non-ficción[editar | editar a fonte]

  • 1920: The Sacred Wood: Essays on Poetry and Criticism
  • 1920: The Second-Order Mind
  • 1920: Tradition and the individual talent
  • 1924: Homage to John Dryden
  • 1928: Shakespeare and the Stoicism of Seneca
  • 1928: For Lancelot Andrewes
  • 1929: Dante
  • 1917-1932: Selected Essays
  • 1933: The Use of Poetry and the Use of Criticism
  • 1934: After Strange Gods (1934)
  • 1934: Elizabethan Essays
  • 1936: Essays Ancient and Modern
  • 1940: The Idea of a Christian Society
  • 1948: Notes Towards the Definition of Culture
  • 1951: Poetry and Drama
  • 1954: The Three Voices of Poetry
  • 1957: On Poetry and Poets