Peste bubónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peste bubónica
Clasificación e recursos externos
Un bubón na coxa superior dunha persoa infectada pola peste bubónica.
ICD-10A20.0
ICD-9020.0
DiseasesDB14226
MedlinePlus000596
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A peste bubónica é un dos tres tipos da infección bacteriana causada pola bacteria Yersinia pestis. Entre tres e sete días após a exposición ás bacterias, desenvólvense os síntomas, semellantes ós da gripe. Estes inclúen febre, dores de cabeza, e vómito.[1] A inchazón dolorosa dos ganglios linfáticos prodúcese na área máis achegada a onde as bacterias se introduciron na pel.[2] De xeito ocasional, os ganglios inflamados poden abrirse.[1]

Os tres tipos de praga son o resultado das vías de infección: peste bubónica, peste septicémica e peste pulmonar. A peste bubónica propágase principalmente por pulgas infectadas que habitan en animais pequenos.[1] Tamén se pode propagar mediante a exposición ós fluídos corporais dun animal infectado con peste.[3] Na forma de peste bubónica, as bacterias entran pola pel por mor da trabada das pulgas que viaxan a través dos vasos linfáticos até o ganglio, facendo que esta trabada inche. O diagnóstico realízase atopando as bacterias no sangue, esputo ou líquido dos ganglios linfáticos.[1]

A prevención dáse a través de medidas de saúde pública, por exemplo: a través do manexo de animais mortos en áreas onde a peste é unha doenza común. Para este padecemento non se atoparon vacinas útiles para a súa prevención.[1] Existen varios antibióticos que son eficaces para o tratamento, nos que se inclúen a estreptomicina, xentamicina e doxiciclina.[4][5] Se non se trata a doenza, a taxa de mortalidade rolda entre un 30% a un 90% do total dos infectados.[1][4] A morte, se é que esta sucede dáse arredor dos dez días.[6] Co tratamento axeitado a porcentaxe de risco de morte é dun 10%.[4] En todo o mundo rexístranse uns 650 casos documentados ó ano, que resultan nunhas 120 mortes.[1] Esta doenza é moito máis común en África.[1]

Crese que a peste é a causa da morte negra que se propagou en Asia, Europa e África no século XIV e que matou a uns 50 millóns de persoas.[1] Representou entre o 25% e o 60% da poboación europea.[1][7] Por mor de que a peste matou a unha gran poboación da clase obreira, os salarios aumentaron pola demanda de man de obra. Algúns historiadores clasifican esta época como un punto de inflexión no desenvolvemento económico europeo.[7] O termo “peste bubónica” deriva do grego “βουβών” que quere dicir ingua.[8] O termo “bubóns” tamén se emprega para referirse ós ganglios linfáticos inflamados.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 World Health Organization (novembro de 2014). "Plague Fact sheet N°267". Consultado o 10 de maio de 2015. 
  2. "Plague Symptoms". 13 de xuño de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  3. "Plague Ecology and Transmission". 13 de xuño de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Prentice MB, Rahalison L (2007). "Plague". Lancet 369 (9568): 1196–207. PMID 17416264. doi:10.1016/S0140-6736(07)60566-2. 
  5. "Plague Resources for Clinicians". 13 de xuño de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  6. Keyes, Daniel C. (2005). Medical response to terrorism : preparedness and clinical practice. Philadelphia [u.a.]: Lippincott Williams & Wilkins. p. 74. ISBN 9780781749862. 
  7. 7,0 7,1 "Plague History". 13 de xuño de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  8. LeRoux, Neil (2007). Martin Luther As Comforter: Writings on Death Volume 133 of Studies in the History of Christian Traditions. BRILL. p. 247. ISBN 9789004158801. 
  9. Edman, Bruce F. Eldridge, John D. (2004). Medical Entomology a Textbook on Public Health and Veterinary Problems Caused by Arthropods (Rev.. ed.). Dordrecht: Springer Netherlands. p. 390. ISBN 9789400710092.