Fallout 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fallout 3
Desenvolvedor(es)Bethesda Game Studios
Distribuidora(s)Bethesda Softworks
Deseñador(es)Emil Pagliarulo
Compositor(es)Inon Zur
Lanzamento28 de outubro de 2008
XéneroRPG eletrônico de ação, xogo de tiros en primeira persoa, disparos en terceira persoa, videoxogo de rol, videojogo com personagem LGBT e post-apocalyptic video game
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows, PlayStation 3, Xbox 360 e Xbox One
Na rede
http://fallout.bethsoft.com/ e https://fallout.bethesda.net/en/games/fallout-3
IMDB: tt1073664 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fallout 3 é un videoxogo, un RPG de acción, o terceiro da serie Fallout e o primeiro desenvolvido por Bethesda Game Studios, publicado nos Estados Unidos o 28 de outubro de 2008, en Europa e Australia o 30 de outubro para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360. Tras o seu lanzamento, Fallout 3 recibiu moi boas críticas en particular polo seu final aberto e o seu carácter flexible. NPD Group estima que o xogo vendeu 610.000 unidades no seu primeiro mes.

Características[editar | editar a fonte]

O xogo ten un sistema de combate típico e os atributos típicos dos xogos RPG de acción pero tamén incorpora elementos dos xogos de acción de primeira persoa e dos xogos de supervivencia. Unha característica importante é que Fallout 3 a diferenza dos xogos anteriores da serie, que tiñan un 3D isométrico, é un auténtico 3D en primeira persoa grazas ó motor de Oblivion.

Argumento[editar | editar a fonte]

Fallout 3 ten lugar no ano 2277, 36 anos despois de Fallout 2 e 200 anos despois da guerra nuclear entre os Estados Unidos e a China que devastou o mundo nunha Guerra fría alternativa. O xogo pon ó xogador no papel dun habitante de Vault 101, un refuxio subterráneo designado para protexer da chuvia radioactiva un pequeno número de humanos superviventes. Cando o pai do xogador despararece en circunstancias misteriosas, o xogador debe escapar de Vault e viaxar ás ruínas de Washington, D.C. na súa busca. Ó xogador asísteno un certo número de humanos superviventes da catástrofe e debe loitar contra un amplo número de mutantes inimigos que agora habitan ese páramo.