Fogueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fogueira típica da celebración xudía de Lag Ba'omer.

Unha fogueira, fogón, pira ou simplemente lume, é un fogo mantido voluntariamente para quentar, cociñar ou celebrar ritos ou festas (por exemplo, en Inglaterra o 5 de novembro, rememórase a Bonfire Night (Noite de Guy Fawkes) onde se simula que se queima na fogueira ao conspirador inglés Guy Fawkes, que quixo voar con pólvora o Parlamento, mentres que en países hispanos celébrase a noite de San Xoán con multitude de fogueiras, celebración esta herdada das festividades do solsticio de verán celebradas por celtas e romanos).

A fogueira como método de execución[editar | editar a fonte]

Execución de Jan Hus en 1485 queimado na fogueira (Spiezer Schilling, 1485).

A fogueira tamén é un método de execución que consiste en queimar vivo ao condenado nunha fogueira. Dado o tempo que tarda o condenado en morrer, é un método de execución doloroso.

Esta forma de execución está moi relacionada con execucións por motivos relixiosos, dada a idea de purificación que se lle outorgou historicamente ao lume. Pobos como os celtas utilizaban o fogo para facer sacrificios humanos, así como outros muchos pobos indíxenas.

Tamén a Santa Inquisición utilizou o fogo como forma de condenar a bruxería ou a herexía. Unha das executadas por esta vía máis famosas foi Xoana de Arco.

Non obstante, isto en numerosas ocasiones o reo ou vítima da fogueira non morría por contacto directo co fogo, senón por asfixia e o subsecuente ataque cardíaco, produto do intenso fume producido polo fogo na pira ao ser respirado continuamente.

A fogueira en celebracións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Fogueira de San Xoán.

A fogueira empregouse ao longo da historia en moitas celebracións rituais, sobre todo as relacionadas coa chegada dos solsticios desde tempos prerromanos. Citar como exemplos as Fogueiras dos Quintos, celebradas en Noitevella nos municipios de Robledo de Chavela (Madrid, España) e Olombrada (Segovia, España), en conmemoración da chegada do solsticio de inverno e do Aninovo, e as famosas fogueiras de San Xoán, que teñen lugar na costa levantina española, Cataluña e Galiza, para celebrar o solsticio de verán.

Unha excepción é a fogueira de San Maximiliano orixinalmente entre a primeira lúa chea de marzo e o equinoccio de primavera. En Guatemala, cada 7 de decembro realízanse cacharelas para "queima o demo", a queima do diabo, como unha festividade para limpar o mal das casas e os seus habitantes previo á celebración do día da Virxe de Concepción.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fogueira