Louis Sullivan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louis Sullivan.

Louis Henry (Henri) Sullivan, nado o 3 de setembro de 1856 en Boston e falecido o 14 de abril de 1924, foi un arquitecto estadounidense[1], considerado un dos pais da Arquitectura Moderna. É considerado por moitos como o creador do moderno rañaceos. Foi un influente arquitecto e crítico pertencente á Escola de Chicago. Considérase ademais o mentor de Frank Lloyd Wright.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura no Massachusetts Institute of Technology, estabelecéndose logo en Chicago no ano 1873. Asóciase coa construción da primeira xeración de rañaceos americanos. Nesa época os avances na tecnoloxía do aceiro, permitían construír edificios máis altos e espazosos do que era posíbel con anterioridade, ao mesmo tempo o desenvolvemento de novos ascensores e montacargas levados a cabo por Otis permitiu o movemento vertical con maior fluidez.

Traballou con moitos outros arquitectos como Frank Furness, William LeBaron Jenney e Dankmar Adler; foi mestre de Frank Lloyd Wright, que sempre se referiu a el como o seu 'lieber meister'.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Edifício Wainwright, Saint-Louis.

A partir dos anos 1890, lánzase á construción de rañaceos con estrutura de aceiro e cuberta plana, que gardan unha división tripartita:

Ademais publicou dous libros que difunden as súas ideas: « Kindergarten Chats » (Charlas de xardín de infancia) e « Autobiography of an Idea » (Autobiografía dunha idea).

Notas[editar | editar a fonte]