Púrpura (heráldica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Púrpura.

En heráldica, o púrpura é un esmalte de cor violáceo. É un dos esmaltes menos utilizados.

No mundo antigo utilizouse como elemento alusivo á soberanía e grandeza dos monarcas. Especialmente coñecido é o seu uso, por influencia oriental, polos emperadores Romanos. Tamén o adoptaron como símbolo da súa autoridade moitos monarcas europeos durante a Idade Media, de aí que sexa símbolo heráldico da grandeza, a xustiza e a sabiduría. O púrpura en heráldica representa a dedicación á defensa da verdade e o enxeño, entre outras cualidades.

Representación[editar | editar a fonte]

Nos gravados represéntase mediante liñas diagonais que baixan de esquerda a dereita do campo ou figura, isto é, de dereita a esquerda do observador.

1. Heráldica
heráldica - terminoloxía da heráldica - escudo - armorial
2. Divisións do escudo
puntos, lugares ou situacións no campo: xefe - cantón - abismo - punta - pau - barra - banda - faixa | particións do campo
2.1. Fondos
fondo - esmalte - estaño | ouro - prata | sable - azur - goles - sinople | aceiro - alaranxado - púrpura - sanguíneo - leonado
2.2. Forros
forro | armiño - veiro
3. Figuras, cargas ou carganzas
pezas e mobles / sotuer - chevrón | aguia - león - lobo - oso: rampante - parlante - pasmado