Érebo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Erebo»)
Érebo
PaiCaos
NaiCaligo
CónxuxeNicte e Nox
FillosNémese, Caronte, Hémera, Eris, Hipnos, Tánatos, Momo, Geras, Oneiros, Éter (mitoloxía), Fântaso, Epiphron, Eleos, Moros, Queres, Hybris, Hespérides, Amicitia, Contentio, Dumiles, Epaphus, Euphrosyne, Fraus e Eros
IrmánsNicte e Eros
editar datos en Wikidata ]

Segundo a teogonía, Érebo [1], Erebo ou Erebus era a personificación da escuridade superior que se encontraba pouco máis fonda que o manto da noite eterna de Nix. É irmán de Nix e fillo de Caos. Esposou á irmá e con ela xerou os dous xemelgos Éter e Hémera.

Cóntase que os titáns pediran socorro a Érebo, mais Zeus deitouno con eles no inferno. Dese modo el tornouse a noite eterna do mundo dos mortos.

Na medida en que o pensamento mítico dos gregos se foi desenvolvendo, Érebo deu o seu nome a unha rexión do Hades por onde os mortos tiñan de pasar inmediatamente despois da morte, para entrar. Após Caronte facelos atravesar o río Aqueronte, logo de pagaren un óbolo, entraban no Tártaro, o submundo propiamente dito.

Disque cando Érebo acordase do seu aprisionamento el sería o primeiro dos Sete Primordiais que levaría ao espertar a todos os outros, podendo así novamente erguer o seu reino que Tártaro, Nix, Urano e Caos axudaran a erguer en tempos mitolóxicos.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopedia Galega Universal, tomo 8, s. v. Érebo