Aqueronte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Aqueronte.

O río Aqueronte ou Aquerón (en grego antigo Αχέρων Akhérôn, ‘temible’) está situado no Epiro, rexión noroccidental de Grecia. Aqueronte pode traducirse como ‘río da traxedia’ e críase que era unha bifurcación do río do inframundo Aqueronte, polo que, na mitoloxía grega, Caronte carrexaba as almas dos falecidos até o Hades. Aqueronte era un dos cinco ríos do Inframundo. Cóntase que nas súas augas todo se afundía agás a barca de Caronte, que accedía a pasar as almas dos defuntos a cambio dos óbolos ou moedas de cinza que se lle poñían aos mortos nos ollos para pagarlle.

O lago chamado Ακηερουσια Acherousia e o río aínda chamado Aquerón coas ruínas próximas do Necromanteion atópanse cerca de Parga no continente fronte a Corfú.

Críase que outra bifurcación do Aqueronte emerxía no cabo Acherusian (hoxe chamado Eregli, en Turquía) e foi avistado polos Argonautas segundo Apolonio de Rodas.

Os gregos asentados en Italia identificaban o lago no que desembocaba o Aqueronte co lago Averno.

Platón no seu Fedón identificaba a Aqueronte como o segundo maior río do mundo, sobrepasado só polo Océano. Afirmaba que o Aqueronte corría en dirección oposta desde o Océano por debaixo da terra baixo lugares desérticos.

No Aqueronte do inframundo desembocaban os ríos Flexetonte e Cocito, considerado este como unha derivación da mesma lagoa Estixia.

A palabra úsase tamén ocasionalmente como unha metáfora do propio Hades.

O deus do río, fillo de Océano e Tetis, enxendrou a Ascálafo con Orfne ou Gorxira, dos ninfas do inframundo.[1]

No Inferno de A divina comedia de Dante, o río Aquerón constitúe o bordo do inferno, no Ante-Inferno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Virxilio vi.107.