Tánatos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tánatos

Na mitoloxía grega, Tánatos (en grego Θάνατος Thánatos, «morte») era a personificación da morte non violenta. O seu toque era suave, como o do seu irmán xemelgo Hipnos, o soño. A morte violenta era o dominio das súas irmás, amantes do sangue, as Keres, asiduas ao campo de batalla. O seu equivalente na mitoloxía romana era Mors.

Era unha criatura dunha escuridade aglaiante. Homero e Hesíodo facíanlle fillo de Nix, a noite, e xemelgo de Hipnos, insinuando que ambos os irmáns discutían cada noite quen se levaría a cada home. Desempeña un papel pequeno nos mitos, pois quedou ensombrecido por Hades, o señor dos mortos.

Na arte, Tánatos representábase como un home novo con barba levando unha bolboreta, unha coroa ou un facho investido nas súas mans. Ás veces ten dúas ás e unha espada suxeita ao seu cinto.