Nicte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicte, deusa da noite (William-Adolphe Bouguereau - La Nuit (1883))

Nicte é o nome dunha divindade grega, a personificación da noite.

Nicte, tamén chamada "Nix", xurdiu espontánea e inmediatamente do Caos primixenio. Enxendrou ela soa as Hespérides e outras divindades que personifican unha serie de abstraccións: Némesis (a vinganza divina), Eris ou Eride (a discordia) e as Moiras (as deusas tecelás do Destino).

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas