Don Pedro, conde de Barcelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tumba gótica do conde Pedro Afonso no Mosteiro de São João de Tarouca.

Don Pedro Afonso, Conde de Barcelos (1287 - Lalim, 1354) foi, segundo algunhas fontes, o primeiro fillo natural de D. Dinis e de D. Gracia Froes (de identificación insegura). Poeta e trobador como seu pai, tivo un papel de relevo na vida política e sobre todo cultural do seu tempo, ficando a deberlle unha boa parte dos mais importantes textos da literatura medieval galego-portuguesa.

[editar] Traxectoria

O seu primeiro e breve casamento con D. Branca Peres, herdeira de grande parte da fortuna dos Sousa, tornouno, á súa morte (1305), un dos homes mais ricos do reino. Ese estatuto foi consolidado co segundo casamento, coa aragonesa D. Maria Ximenes, de quen no entanto se separaría a curto prazo, por desentendimentos varios. Viviu o resto da súa vida com D. Teresa Anes, a súa concubina, e non tivo descendencia.

Exiliado en Castela por motivos relacionados co conflito que opuxo a D. Dinis co príncipe herdeiro D. Afonso, tomou contacto coas actividades culturais da corte castelá, que prolongaba o intenso labor do seu bisavó Afonso X de León e Castela, o Sabio.

Regresado do exilio en 1322, retomou a posesión de todos os seus bens, que foran confiscados. Pouco depois da morte de seu pai (1325), afastouse gradualmente da corte do medio irmán, con quen entra en disidencia (a pesar de que participara ao seu lado na Batalla do Salado en 1340). Refuxiouse nos seus pazos de Lalim, que transformou nun centro cultural importante. É de aí que está datado o seu testamento (marzo de 1350) e onde morreu, en 1354. Xace sepultado no Mosteiro de São João de Tarouca, nun túmulo decorado nas laterais con escenas de caza do xabaril.

[editar] Legado

O legado cultural do Conde de Barcelos é un dos mais importantes da Idade Media peninsular. D. Pedro foi certamente o compilador (ou polo menos o último compilador) das cantigas dos trobadores galego-portugueses. No seu testamento deixa ub Livro de Cantigas ao seu sobriño, Afonso XI de Castela, que se pensa é o arquetipo dos cancioneiros manuscritos que chegaron até nós; ese cancioneiro nunca chegou á posesión de Afonso XI e non se sabe do seu paradeiro. Excelente trobador, D. Pedro deixou catro cantigas de amor e seis cantigas de escarnio, onde o humor (coa malicia característica do xénero) se alía a un notábel sentido rítmico e musical.

De Lalim terian ainda saído duas outras obras fundamentais da historia e cultura galego-portuguesas. Unha é o chamado Livro de Linhagens do conde D. Pedro (1340-1344), unha recompilación da xenealoxia das principais familias nobres de Portugal inseridas no contexto peninsular e universal. A outra obra debida ao conde é a Crónica Geral de Espanha de 1344, unha crónica histórica en que é descrita a historia dos váaios reinos ibéricos e da Reconquista, enfatizandose o papel dos reis portugueses na cruzada contra o Islám. Os dous libros son de alta cualidade narrativa e representan puntos altos da prosa medieval galego-portuguesa.

O recoñecemento da cualidade da obra de D. Pedro na Idade Media é evidenciado polo feito de que tanto o Livro de Linhages como a Crónica sufriron vários acrecentos posteriores en Portugal e foron traducidas varias veces ao castelán. Até os dias de hoxe os pesquisadores continuan estudando a obra do conde tanto polos dados historiográficos como polo seu nivel narrativo.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas