Palacio de Inverno
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa arquitectura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
|
Palacio de Inverno dende o río Neva
|
O Palacio de Inverno, localizado no banco do río Neva, foi construído en San Petersburgo (Rusia) entre 1754 e 1762 por orde de Catarina a Grande como residencia de inverno dos tsares. O edificio, deseñado por Bartolomeo Rastrelli, é de planta rectangular, de estilo barroco ruso de mediados do século XVIII. Posúe 1.786 portas e 1.945 fiestras. Ten unha magnífica fachada.
Na actualidade alberga unha das maiores pinacotecas do mundo, o Museo do Hermitage. A galería militar, aberta en 1826, ten 332 retratos de líderes militares do exército ruso durante a invasión de Rusia por parte de Napoleón.
Logo da Revolución de Febreiro converteuse en sede oficial do Goberno provisional. Foi o principal obxectivo militar dos bolxeviques durante revolución de outubro de 1917.