Catarina I de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catarina I de Rusia
Catherine I of Russia 0459.jpg
Marta Skavronska
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 15 de abril de 1684
Lugar: Descoñecida, Letonia
Falecemento: 17 de maio de 1727
Lugar: Moscova, Rusia
Organización:
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Tsarina de Rusia
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión:
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Catarina I de Rusia, nada o 15 de abril de 1684 e finada en San Petersburgo o 17 de maio de 1727, foi tsarina da Rusia Imperial dende 1725 até 1727. O seu nome orixinal era Marta Skavronska e crese que era unha campesiña polaca, nada en Letonia cando esta era unha provincia de Suecia, filla de Samuel Skavronska e Elisabeth Moritz, que morreron na epidemia da peste en 1684.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao quedar orfa, entrou a servir na casa de Ernest Gluck, pastor luterano de Marienburg, que non fixo nada por darlle unha educación, polo que quedou analfabeta toda a súa vida. De moza casou cun oficial de dragóns suecos chamado Johan Raabe, pero cando Marienburg foi conquistada polas tropas rusas, Gluck ofreceuse para ir como tradutor ao servizo do mariscal de campo Boris Sheremetv, levándose a Marta. Máis tarde, pasou a ser criada (e amante) do principe Alexandre Ménshikov, amigo e cortesán de Pedro I, primeiro gobernador de San Petersburgo.

En 1703, cando Pedro fundou San Petersburgo e transladou alí a súa corte, converteuse na súa amante, casando en segredo en 1707, despois de que se convertese á fe ortodoxa e tomara o nome de Catarina Alekséievna. Tiveron once fillos, dos que sobreviviron Ana e Isabel. Mentres construían a cidade, viviron nunha cabana onde ela cociñaba e coidaba o xardín. Cando se transladaron ao pazo, conservárona rodeándoa dun valado.

San Petersburgo en 1723.

En 1711 acompañou ao Tsar na campaña de Prut, contra Turquía, e cóntase que salvou a vida do rei cando estaba rodeado por un exército moi superior, suxeríndolle que se rendese e empregase as súas xoias para subornar o Gran Visir. Pedro I "premiouna" casando oficialmente con ela, a pesar de que el estaba casado con Eudoxia Lopukhina, a cal fora encerrada nun convento. Catarina conseguiu o título de Emperatiz, sendo a primeira muller en conseguilo. En 1724 foi nomeada correxente.

Durante o seu reinado continuou a obra do seu esposo, apoiada sobre todo por Ménschikov, que era o virtual gobernador, e seguindo o consello de amigos e favoritos. En 1726 creou un consello privado ao que traspasou gran parte das atribucións que ata entón tiña o Senado, o que produciu disensións na nobreza que non tardou en dividirse en múltiples partidos, mentres Catarina trataba de aproximarse a eles nomeando sucesor ao príncipe Pedro. Xuntou os seus catro irmáns e levounos a Rusia, dándolles os novos títulos de condes e condesas.

En política exterior apoiou a liga austro-española, para soster contra Inglaterra ao seu xenro, o Duque de Holstein, casado coa princesa Ana, pais do futuro Pedro III de Rusia. Formou cos países escandinavos a Liga dos Neutrais para garantir a seguridade do transporte marítimo no Atlántico durante a Guerra da Independencia dos Estados Unidos, o que axudou ao illamento internacional de Inglaterra.

Fundou a Academia de Ciencias de San Petersburgo, entre cuxo profesorado contratou ao matemático Leonhard Euler, e construíu un gran número de pontes en San Petersburgo. En xeral as súas políticas foron razoables e cautelosas. Foi a primeira muller que gobernou Rusia, e abriu o camiño para un século de reinados femininos, incluindo á súa filla e Catarina II, as cales continuaron a política marcada por Pedro I.

Morreu en San Petersburgo en 1727, aos 38 años, e está enterrada na catedral, dentro da fortaleza de San Pedro e San Paulo.


 
Soberanos da Rusia preimperial
Coat of Arms of Moscow.png
Iván o Terrible | Simeón Bekbulatovich (O Tsar falso) | Teodoro I | Boris Godunov | Teodoro II | Demetrio II | Basilio IV | Ladislao IV | Miguel III | Alexis I | Teodoro III | Sofía Alexeiievna | Iván V (Soberano con Pedro o Grande)
 
Tsares da Rusia Imperial
Romanov Flag.svg
Pedro I | Catarina I | Pedro II | Ana Ivanovna | Iván VI | Sabela I | Pedro III | Catarina II | Paulo I | Alexandre I | Nicolao I | Alexandre II | Alexandre III | Nicolao II